Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Museo do Pobo Galego proxecta os filmes do MICE na rede

Mostra Internacional de Cine Etnografico do Museo do Pobo Galego en lina
O Museo do Pobo Galego proxecta os filmes do MICE na rede

Esta semana, a segunda de confinamento, debía ter lugar a XV Mostra Internacional de Cinema Etnográfico do Museo do Pobo Galego. De aí que o museo dirixido polo muxián Manuel Vilar abra as súas portas ao mundo, a través da rede, e artelle a MICE, sen premios, e en liña.

A partir deste martes, habilitaron na conta de Vimeo do Museo do Pobo Galego, unha canle na que se van publicando cada dous días, algunhas das películas que pasaron en anteriores edicións pola MICE.

Na primeira xornada subiron á rede “Grab and run”, de Roser Corella, un filme que aborda o rapto de noivas en Kirguizistán e que foi premio á Mellor Película Etnográfica na 13 edición da mostra.
Tamén se poderá ver “Hora silenciosa” de Noelia María Muiño, unha curtametraxe documental que nos achega á forma de vida da comunidade de relixiosas de clausura que viven no convento de San Paio de Antealtares e que o xurado da edición da MICE de 2019 decidiu premiar como a Mellor Película Galega.

Nas seguintes xornadas, habilitarase o visionado doutras películas premiadas na MICE como “Nimble Fingers de Parsifal Reparato”, un retrato de dúas traballadoras dunha das moita multinacionais que se asentan en Hanoi (Vietnam); “Os fillos da vide” de Ana Domínguez, unha viaxe fílmica que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións na súa terra natal; “Belén”, de Adriana Vila Guevara, no que mediante un traballo de campo esencial e a través da música, o público poderá coñecer a Belén María Palacios, a “reina del quitiplá”.
Tamén se poderá visualizar “O tesouro de Corcoesto”, de Cora Peña, un documental que se centra na problemática do proceso extractivo da mina de ouro de Corcoesto (Bergantiños) e L’eau sacrée de Olivier Jourdain, unha película que nos mergulla na sociedade ruandesa, explorando a sexualidade da comunidade con humor e espontaneidade.

Canle de Vimeo do MICE

Novas relacionadas

Comentarios