Venres. 29.03.2024
El tiempo

Nace O Acontecer, un novo semanario da Costa da Morte

Nace O Acontecer, un novo semanario da Costa da Morte
Presentacion do semanario da Costa da Morte O Acontecer Presentacion do semanario da Costa da Morte O Acontecer

Onte, xoves 13 de setembro do 2007, nacía unha nova aposta pola información na Costa da Morte. O novo periódico semanal O Acontecer presentábase ante os medios de comunicación no hotel Punta del Este de Carballo.

A presentación contou cos alcaldes de Ponteceso, José Luis Fondo Aguiar, Carballo, Evencio Ferrero e Laxe, Antón Carracedo que fixeron todo o posible para que esta iniciativa saise adiante. Os alcaldes desexaron un longo futuro ao xornal ao tempo que aseguraban que o desenvolvemento da Costa da Morte pasa por apoiar iniciativas coma esta.

A rolda de prensa, que vemos na foto, contaba tamén coa directora do periódico, Ana Valín, e co director do grupo editor, Ino Calvo.

Semanario gratuito con toda a actualidade da bisbarra

O semanario cubrirá toda a información das catro zonas da Costa da Morte (Fisterra, Bergantiños, Terras de Soneira e Muros) unindo os 17 concellos da bisbarra (Ponteceso, Carballo, Laracha, Malpica, Muxía, Muros, Carnota, Vimianzo, Zas, Cabana, Dumbría, Laxe, Camariñas, Corcubión, Fisterra, Coristanco, Cee),. Así, todos os venres distribuirase por todos os concellos de xeito gratuito, tratando de chegar a todos os puntos da nos dispersa xeografía.

Dende Que pasa na Costa damos unha calurosa benvida a este novo xornal e confiamos en que pase a formar parte indispensable das nosas vidas por moito tempo.

logo-o acontecer-semanario-costa-da-morte

Fonte

  • Redacción de Que pasa na Costa.

Comentarios