Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Nova concentración dos veciños de Cesullas contra a especulación urbanística do alcalde de Cabana

Concentracion vecinos de Neano contra especulacion urbanistica en Cabana copia
Nova concentración dos veciños de Cesullas contra a especulación urbanística do alcalde de Cabana

O pasado 24 de febreiro realizaban a primeira concentración ás portas do Concello. Pero parece claro que os veciños de Neaño non teñen pensado deixar aí as protestas. Unhas protestas dirixidas directamente ao seu alcalde, José Muíño, polos exemplos de especulación urbanística que está protagonizando.

Así, a veciñanza do lugar de Neaño, parroquia de Cesullas, convoca para este sábado, día 9 de marzo, unha concentración de protesta na praza pública de Neaño. A partir das 12:00h ducias de veciños demostrarán que existe unha clara oposición veciñal ás políticas do alcalde en favor dos seus amigos.

Os veciños preguntarán onde están as súas parcelas edificables no futuro Plan urbanístico municipal. ”Non se entende como as parcelas que son edificables no actual Plan urbanístico, deixan de selo no novo Plan, e como a maior parte do solo urbanizable pasa a concentrarse nos montes da Carballa, que antes eran solo rústico forestal”, e onde a veciñanza sinala a certos amigos do alcalde como grandes beneficiarios.

Por outra banda, tampouco se entende a política que se está a realizar en relación ás obras públicas. Todo se basea no “tira cá pala cara adiante”, sen respetar os muros e valados de cerres das fincas, sen expropiar e nun claro abuso de poder que prexudica seriamente ás persoas afectadas.

Ademais, queren alzar a voz polas verteduras de fecais e os fallos do saneamento que se están a producir no litoral cabanés. “O litoral cabanés fede, mentras hai unha empresa concesionaria OGPO, S.L. que cobraría preto dun millón de euros polo contrato de concesión e saneamento das augas municipais” lamentan.

O sabado, a veciñanza berrará alto e claro o “Fóra xa da Alcaldía!”, como xa fixeron o pasado 24 de febreiro.

Concentracion do pasado febreiro dos vecinos de Canduas

Novas relacionadas

Comentarios