Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Nova roza dos polígonos da Laracha, Buño e Vimianzo

Poligono de Malpica limpieza sept 2020
O Polígono de Buño aínda está por estrear
Nova roza dos polígonos da Laracha, Buño e Vimianzo

Locen sen grandes matas de silveiras nin toxos os parques empresariais que xestiona Suelo Empresarial do Atlántico na comarca. SEA vén de facer durante o mes de agosto unha limpeza de mantemento das parcelas non ocupadas dos polígonos de Malpica, A Laracha e Vimianzo.

No caso do parque empresarial da Laracha, SEA contratou as tarefas de roce por un importe de 6.450 euros. Este polígono, un dos máis potentes da zona, conta con cerca do 80% das parcelas vendidas, dun total 537.925 metros cadrados de superficie neta -825.249 m² en superficie bruta-.

Limpieza polígono A Laracha
Polígono da Laracha trala roza

O roce das parcelas do parque empresarial de Vimianzo foi contratado por 5.250 euros o pasado 31 de xullo. En Vimianzo están habilitados 335.095 m² de superficie bruta e 169.236 m² de superficie neta. Neste polígono sitúanse empresas como Estrela Galicia ou Gerca.

Tamén quedou rasurado o polígono de Buño, en Malpica de Bergantiños, de 54.979 m² en superficie bruta e 30.989 en neta, por un importe de 5.250 euros. Un parque que aínda está por estrear.

Outras novas sobre os Polígonos

Comentarios