Imprimir

Novo cruce entre PSOE e PP de Ponteceso polo heliporto de Corme e a débeda ca confraría

Deindo | 27 de febreiro de 2012

A semana pasada a Xunta anunciaba o novo heliporto de emerxencia de Corme. Un anuncio que para o voceiro do PSOE, Lois Carballido, supón unha "burla intolerable ao pobo de Corme", ao considerar que foi "Touriño o que o deixou preparado e agora veñen a Corme inaugurar unha "base" que lle custou á Xunta un caldeiro de pintura".

O alcalde pontecesán, Fondo Aguiar, responde "que a gran burla foi o goberno bipartito da Xunta de Galicia, que non investíu un só caldeiro de pintura no porto de Corme", e lembra que "foi o goberno do PP na Xunta de Galicia quen fixo o muelle de atraque, o tren de fondeo e todas as infraestructuras de importancia no porto de Corme".

Débeda ca Confraría

"Mentras tanto", sinala o PSOE, "a Xunta lle debe á Confraría de Corme máis de 60.000 euros dos convenios asinados dende marzo de 2012". "Tampouco se compromete á axuda de 8.000 euros que precisa para a posta en marcha do surtidor".

O PP responde que "seguirá apostando polo porto de Corme como vía de desenvolvemento económico no Concello".

Novas relacionadas

Fonte

  • Notas de prensa do PP e do PSOE de Ponteceso.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/ponteceso/novo-cruce-entre-psoe-e-pp-de-ponteceso-polo-heliporto-de-corme-e-a-debeda-ca-confraria/20120227070808069879.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia