Xoves. 28.03.2024
El tiempo

O patrimonio Modesto: O lugar de Quenxe

O patrimonio Modesto: O lugar de Quenxe

Menudo luxo seguir descubrindo segredos costeiros, salpicados de moita historia, co bo de Modesto García Quintáns. Hoxe toca irmos ata Corcubión, a ver un lugar ben agochado entre o cemento das novas construcións.

O patrimonio Modesto: O lugar de Quenxe (Corcubión)

Muino de Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans Muíño de Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans

Quenxe é un lugar cuns 35 habitantes, pertencente á parroquia de San Pedro de Redonda, dentro do concello de Corcubión cun total de 1.655 habitantes. O primitivo núcleo rural, situado a uns centos de metros ao oeste da praia do mesmo nome foi medrando cara ao mar dando orixe a outro núcleo coñecido na actualidade como Quenxe de Abaixo.

Segundo o Catastro do Marqués da Ensenada, feito sobre o ano 1753, di que a parroquia de S. Pedro de Redonda, formada polos lugares de Quenxe, Oliveira, A Marela, Vilar e Redonda, ten unha legua de perímetro, equivalente a unha hora de camiño. Non ten matorrais nin carballos pero si uns 2.000 ferrados de monte. Da súa riqueza a metade era para D. Pedro Carril, presbítero, e veciño de Sta. Mª dos Anxeles. As primicias eran por iguais, salvo o lugar de Oliveira, que ían o párroco e o arcediano de Trastámara. O carneiro de lobo (imposto relixioso) era para o Conde de Altamira. Tamén pagaban estes veciños medio ferrado de centeo ao Apóstolo Santiago por razón de voto.

Pero a riqueza máis importante nesta parroquia estaba no río de Chenxe (Quenxe). Así o atestigua un documento do ano 1753 que literalmente di: <“em>En la feligresía de Redonda ay tres molinos de cubo y piedras negras que muelen todo el año y están sitos en el lugar y río de Chenxe y muelen con agua de este mismo río y el uno de ellos que llaman o Terreo es de Bartholomé de Lago, vecino del citado lugar de Chenxe. Otro que llaman de Chenxe es de Dña. Theresa Sacristán Obispo, vecina de la referida Villa de Corcubión y el otro llamado Lobeira es de Domingo de Martín y otros consortes, vecino del lugar de Lobeira”.

Muino e antigo lavadoiro de Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans Muíño e antigo lavadoiro de Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans Canal de entrada a factoria de Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans Canal de entrada a factoria de Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans

Este regato nace na Fonte do Rial, e alimentado por outras fontes como O Arieiro e a de San Pedro. Ten unha lonxitude duns 600 m., cun desnivel de 50 m. que na actualidade apenas leva auga; cerca da súa desembocadura foi modificado o seu trazado. Co paso dos anos, neste regato foron construído outros catro muíños que reseñamos a continuación, comezando polo seu nacemento: Muíño de Trillo (que nunca moeu por falta de pendente); Muíño do Terreo; Muíño de Redonda (xunto ao lavadoiro público); Muíño de Quenxe; Muíño do Carnotán; Muíño do Franco e Casa Grande; Muíño dos Moraliños. Estes dous últimos desapareceron ao modificarse o cauce natural. Neste tramo final había un desvío por unha canle que conducía as augas á factoría de salgaduiro, onde funcionaba un muíño de fariña de pescado. Todos estes muíños encóntranse en estado ruinoso.

O terreo deste litoral foi un lugar ideal para o asentamento de industrias no s.XIX e s.XX. As máis importantes eran as fábricas de salgaduría, o abastecemento de carbón para os barcos pola Compañía General de Carbones SA, creada por Plácido Castro Rivas, e a carpintería de ribeira, destacando a casa de "YA". Parte destes terreos sufriron a "metamorfose" especulativa. Foron comprados con vistas á industria pasando por varias mans, asentándose tamén un camping, un campo de fútbol e máis tarde o Colexio co seu polideportivo, rematando nunha polémica urbanización. Esto deu orixe a que se coñecese como Quenxe de Abaixo, aínda que non está recoñecido oficialmente.

Rodas de muíño en Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans Rodas de muíño en Quenxe-Foto-Modesto Garcia Quintans Polémica urbanización de Quenxe que agocha un tesouro histórico Polémica urbanización de Quenxe que agocha un tesouro histórico Urbanizacion de Quenxe-Corcubion
  • Modesto García Quintáns.
 

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios