Imprimir

O PP presenta aos candidatos da Costa da Morte

que pasa na costa | 26 de setembro de 2012

Aurelio Núñez, Marisol Piñeiro e Ambrosio Oróns son os Representantes do PP da Costa da Morte para as Eleccións Autonómicas 2012

Xa os vimos a semana pasada por Cee e Fisterra en plena precampaña, e onte o PP presentaba aos seus representantes nas comarcas de Costa da Morte e Bergantiños. O médico carballés Aurelio Núñez (11), a carnotá Marisol Piñeiro (15) e o mestre laxense Ambrosio Oróns (22) serán as cabezas costeiras nas listas das Autonómicas.

O PP aposta por "impulsar o eixo industrial Coruña-Carballo-Fisterra como a principal fonte de emprego e futuro na comarca". Negreira, o presidente provincial, asegurou que farán 200 visitas por toda a provincia, "nunha campaña pegada ao cidadán, afastada dos grandes actos e centrada no ti a ti". "Non quedará nin un só concello da provincia por visitar", subliñou.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do PP provincial.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carnota/o-pp-presenta-aos-candidatos-da-costa-da-morte/20120926064522071298.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia