Imprimir

O Tribunal de Contas xa investiga a Rosa Quintana, a Evaristo Lareo e ao Alcalde de Laracha

que pasa na costa | 10 de xaneiro de 2012

Continúa aberto o caso que imputa a Conselleira do Mar, a Federación Galega de Confrarías e mais o alcalde de Laracha por irregularidades en fondos públicos e axudas europeas de canda o Prestige. Un caso que vimos seguindo dende hai máis dous anos e que continúas coas dilixencias que vén de abrir o Tribuna Constitucional contra eles o pasado mes de decembro, pero que estivo varios meses parada por un suposto "extravío".

A denuncia presentada no Rexistro da Delegación do Goberno na Coruña con destino á Fiscalía do Tribunal de Contas vai directamente contra Rosa Quintana, Conselleira de Mar, e Evaristo Lareo Viñas, Patrón Maior da Confraría de Caión, Presidente do GAC Costa da Morte e Presidente da Federación de Confrarías de Galicia, por varios presuntos delitos de Malversación, Prevaricación, Apropiación Indebida, Contra a Saúde dos Consumidores entre outros, cuxa denuncia perder.

A todo isto, o Alcalde de Laracha, José Manuel López Varela e Evaristo Lareo Viñas, están imputados no Xulgado de Carballo, Nº 3 Dilixencias 99/11, por varios delitos relacionados coa mesma denuncia. Entre elas as desaparecidas axudas destinadas aos voluntarios do Prestige e un intento de pelotazo urbanístico no destruído Campo de Fútbol de Caión.

Detalles da denuncia

Tamén teñen en curso unha denuncia por varios delitos no Xulgado Nº 2 de Carballo Dilgencias Previas Nº 1201/2011 de Carballo, A Coruña, por presuntas irregularidades na Ampliación Portuaria de Caión, un Restaurante financiado con fondos europeos a un familiar relacionado por lazos familiares co Alcalde, uns fondos europeos, que supostamente eran para rehabilitación, cando se fixo totalmente novo, con mocións no Concello da secuela do BNG sen resposta.

De feito o BNG de Laracha critica que a día de hoxe o alcalde siga sen dar explicacións. Pero tamén esta en a mesma denuncia un barco pagado pola Consellería do Mar á Confraría de Cambados máis de 290 mil euros cando o seu valor non supera no mercado os 80 mil euros segundo a documentación coñecida.

Así e todo, a denuncia tamén salpica un caso máis grave, i é que ao parecer usáronse pezas de segunda man nunhas varandas que se están montando en todos os portos do litoral con dubidosos orzamentos con cargo a fondos europeos, e en canto á súa calidade, das que dúas persoas xa caeron en Camariñas resultando feridos.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do abogado e director de Xornalgalicia.es, Miguel Delgado.
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/o-tribunal-de-contas-xa-investiga-a-rosa-quintana-a-evaristo-lareo-e-ao-alcalde-de-laracha/20120110064558069551.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA