Imprimir

Os Obradoiros de Emprego tamén trataron a Igualadade como tema transversal

Redacción | 28 de novembro de 2018

Xornada de igualdade no Obradoiro de Xallas

O martes 27 de novembro, con motivo do Día contra a Violencia de xénero, e formando parte do módulo transversal de Sensibilización en Igualdade de xénero, o alumnado dos obradoiros de emprego Xallas-Barcala-Dubra V e Conecta2018 con sede en Santa Comba, participaron nunha actividade de formación e promoción da igualdade e sensibilización contra a violencia, impartida por persoal do Centro de Información a Muller que dirixe Esther Espasandín Turnes, Concellería de Servizos Sociais, Muller e Igualdade do Concello de Santa Comba.

Na actividade, cunha duración de cinco horas, tratáronse temas tan importantes como: xénero e sexo, roles e estereotipos, igualdade formal vs igualdade real, a brecha de xénero, o uso sexista da linguaxe ou a imaxe das mulleres nos medios de comunicación e na publicidade.

Tanto a alcaldesa, María Pose como a Concelleira de Servizos Sociais, Muller e Igualdade, Esther Espasandín, e o persoal do CIM, trasladaron aos 36 alumnos e alumnas dos obradoiros de emprego, a necesidade de loitar cada día contra todas as formas de violencia cara as mulleres e acadar unha sociedade mais igualitaria.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/as-buseranas-pechan-un-historico-2018-na-loita-feminista-na-costa-da-morte/ https://quepasanacosta.gal/o-grado-de-integracion-laboral-nos-primeiros-meses-tralos-obradoiros-de-emprego-ronda-o-60/ https://quepasanacosta.gal/inaugurado-o-novo-obradoiro-de-emprego-forestal-en-santa-comba/
Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/coristanco/os-obradoiros-de-emprego-tamen-trataron-a-igualadade-como-tema-transversal/20181128051416089858.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia