Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Os Vikings invaden a Costa da Morte

Os Vikings invaden a Costa da Morte
Gravando Vikings na praia de Arou-Foto-Capitulo Cero Gravando a documental de Vikings na praia de Arou-Foto-Capitulo Cero

Estiveron os Viquingos na Costa da Morte?

Unha pregunta para a que a produtora canadiense Take5 Productions tería unha rápida resposta. Por algo están a pasar unha temporada na nosa bisbarra gravando unha documental para emitir paralelamente á famosa serie Vikings, un éxito mundial que narra as aventuras viquingas conquistando Europa, e cuia 6ª temporada estará apoiada por unha documental gravada nas nosas costas no Canal Historia.

Concretamente, ademais dous puntos de Galicia como Catoira, ou a Mariña Lucense, pasarán por Carnota e as súas fortificacións, despois da visita desta fin de semana por Camelle, Arou e Santa Mariña.

Gravando Vikings en Riba de Camelle-Foto-Capitulo Cero Gravando Vikings dende o alto de Santa Mariña-Foto-Capitulo Cero

Concretamente gravaron dende o alto Camelle, onde hai restos dun "posto de vixilancia do século XVI erguido sobre outro máis antigo, posiblemente usado por xente de Camelle e Arou na era viquinga", cóntanos Esteban Pedrallo, que xunto a Mo de Masando Pulpos, foron as conexións do equipo de gravación coas lendas orais locais. "Dende a gurita viaxaban os nativos porque dende alí contrólase todo, ata o Roncudo, no interior ata Braño, Ponte do Porto, Tufións, o penal de Veo, onde habería un facho na época viquinga, e a praia de Arou, onde, en teoría, vararían os viquingos", cóntanos Petrallo, que destaca que as historias que contan os vellos que foi recompilando durante moito tempo, son claves para esta visita.

Esteban Petrallo dende o alto de Camelle As vistas dende o cumio de Camelle dan conta do importante liugar de vixilancia

Petrallo e Mo axudan nesta primeira documental en Galicia sobre viquingos, a Manuel Gago, a conexión galaica co mundo mediático arqueolóxico, para explicarlles as lendas ao doutor Neil Price, profesor da Universidade de Uppsala, en Suecia e unha das máximas autoridades mundiais en arqueoloxía vikinga, e a doutora Irene García, da Universidade de Aberdeen.

Alucinan os anglosaxóns coa nosa arqueoloxía altomedieval, cóntanos o propio Manuel Gago no seu Capítulo Cero.

Destaca Gago que esta visita é auténtica, e non vén polos cartos da administración pública. "Viñeron atraídos pola Historia que aquí existía. Viñeron porque quixemos contar esta historia ao mundo a través das novas tecnoloxías, porque establecimos redes de maneira incansable e porque cremos que a xenerosidade coas historias e coas persoas é a base de que este país prospere e se vexa no mundo. A intensa reacción/interacción dos galegos da época ante os raids vikingos cobra, agora, visibilidade internacional sen un peso público", valora.

Manuel Gago Mo Neil Price Irene da Universidade de aberdeen e Esteban Petrallo Manuel Gago, co camellán Mo; Neil Price, Irene García e Esteban Petrallo

Fonte

Comentarios