Imprimir

Patri e Inés volven á máxima categoría do FSF estatal

FútbolQPC | 27 de xullo de 2020

Patri e Ines, en primeira fila, celebrando o ascenso co Amarelle
Patri e Ines, en primeira fila, celebrando o ascenso co Amarelle

Disputábase esta fin de semana a Fase de Ascenso á máxima categoría do fútbol sala feminino. E non perdeu a ocasión do Viaxes Amarelle de Patri Romaní e Inés Suárez. A muxiá e a camellá volverán competir na 1ª División nacional tras vencer na final dp play-off por 3-1 ao Valdetires Ferrol.

As dúas xogadoras foron claves ademais na final, pois Patri deu o pase do primeiro tanto e Inés foi a autora do segundo.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/patri-ines-amarelle-ascenso/20200727095326120892.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia