Imprimir

Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación

que pasa na costa | 08 de maio de 2017

O Alcalde de Camarinas Manuel Valeriano Alonso Pichurri condenado por prevaricacion O Alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, Pichurri, condenado por prevaricación

Vén de emitir o Xulgado de lo Penal Nº3 da Coruña un auto no que condena a 4 anos de inhabilitación ao alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, “Pichurri”, por un delito de prevaricación. Unha sentencia, en todo caso, que aínda non é firme e que van recurrir con total seguridade.

O caso remóntase á 2009-2010 cando o alcalde contrataba a un compañeiro de partido, unha persoa do PSOE de Camariñas, en contra do informe de Secretaría. Un detalle fundamental este, porque supón unha contratación ilegal que non pode ampararse nun defecto técnico, que se podería solventar cunha multa.

O asunto foi destapado despois do remate do contrato desta persoa, que non rematou a ben co partido, que acabou involucrando ao PP na denuncia, a partir de onde a Fiscalía comezou a actuar. Deste xeito, e unha vez que a denuncia xa ten máis de 5 anos, o caso non prescibiu (serían 4 anos).

Deste xeito, e a pesar de todas as denuncias que ten enriba (sobre todo temen á Trama dos Seguros, este caso pode pode chegar a inhabilitar e supoñer o final político de Pichurri.

Ábrese ademais a veda, e seguimos pendentes de numerosas imputacións, como as da Operación Orquesta, á espera do xuízo oral dos acusados ceeses.

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/camarinas/pichurri-condenado-a-4-anos-de-inhabilitacion-por-prevaricacion/20170508163940084315.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia