Venres. 26.04.2024
El tiempo

Preferente: Ao Xallas acumulanselle os problemas

Xaime e Jonathan pelexando por un balón no SD Sofán - Viveiro CF.
Xaime e Jonathan pelexando por un balón no SD Sofán - Viveiro CF.
Preferente: Ao Xallas acumulanselle os problemas

A Sarriana incomodou e moito ao Xallas durante todo o encontro e mostrou unha gran efectividade para levarse os tres puntos de Fontenla, ante un equipo xalleiro que continúa metido en serios problemas.

Mentres que o Sofán tamén caeu derrotado nun partido de tolos pola mínima ante un Viveiro que firmou un comezo de encontro impecable.

Xallas FC 0 – 2 SD Sarriana

Xallas FC: Julián, Christian, Jacobo, Santi, Abel (Adrián López m.86), Doro, Julián López, Carlos (Jaco López m.63), Álex Canedo, Marcos (Chelo m.63), Óliver (Iago m.53).

Goles: 0-1 m.45: Omar; 0-2 m.85: Alvarito.

Unha Sarriana que chegou a Fontenla coas ideas moi claras foi quen de facer que o Xallas estivese incómodo sobre o terreo de xogo durante todo o encontro.

As ocasións brillarían pola súa ausencia e na primeira metade, os xalleiros só se achegarían á portería rival nunha xogada entre Julián López e Marcos que se quedaría en nada, mentres que Omar aproveitaría unha contra para adiantar aos seus ao fío do descanso.

Na reanudación, o Xallas buscou a igualada con máis corazón ca cabeza e quen atoparía o premio do gol sería unha Sarriana que poñería o 0-2 no luminoso logo de que Alvarito materializase unha contra no minuto 85.

SD Sofán 3 – 4 Viveiro CF

SD Sofán - Viveiro CF

SD Sofán: Javi Rumbo, Sera (Rubén m.46), Pablo, Félix, Antonio, Canedo, Jonathan (Luis m.46), Matías (Juanjo m.58), Alexandre, Raúl, Quintela (Camilo m.65).

Goles: 0-1 m.6: Meitín; 0-2 m.11: Poceiro; 0-3 m.14: Meitín; 0-4 m.19: Tichu; 1-4 m.26: Quintela (p); 2-4 m.39: Yoel en propia porta; 3-4 m.86: Raúl.

Partido de tolos nun Carral que foi testemuña directa de como en tan só dezanove minutos, o Viveiro anotaba nada máis e nada menos que catro goles que poñían o 0-4 no marcador.

Pero a pesares disto, entremedias, o Sofán tamén tivo as súas ocasións pero Quintela en dúas ocasións, Félix non acertarían de cara a gol. E incluso Raúl vería como Kiko lle faría unha gran parada nun penalti.

E dous minutos despois, o Sofán dispoñería dunha nova pena máxima e desta vez, o encargado de lánzalo sería un Quintela que non perdoaría e poñería o 1-4.

No minuto 39, o Carral resucitaría despois dun gol en propia porta de Yoel que significaría o 2-4, que lle devolvía a esperanza aos locais.

Antes do descanso, entre Rumbo e o longueiro desbaratarían un libre directo de Xaime. E no minuto 44, o Viveiro reclamaría un gol pantasma que o colexiado non concedería.

Na reanudación, o acoso do Sofán foi total pero Félix e Pablo non acertarían para recortar diferenzas no marcador. Aínda que os viveirenses tamén terían as súas á contra.

No minuto 86, Raúl daríalle máis emoción ao encontro ao rematar ao fondo da rede un centro de Luis.

Tras isto, o Sofán volcaríase aínda máis no ataque e, Antonio e Camilo terían as últimas para lograr o empate pero non acertarían e os tres puntos marcharían cara terras viveirenses.

Comentarios