Venres. 29.03.2024
El tiempo

Preferente: Vitoria esperanzadora ante o líder nunha xornada inmellorable

O Xallas venceu ao Viveiro en Castriz-Foto-Viveiro
O Xallas venceu a todo un Viveiro en Castriz-Foto-Viveiro
Preferente: Vitoria esperanzadora ante o líder nunha xornada inmellorable

Inmellorable xornada para os equipos costeiros na Preferente. Pleno de vitorias para seguir soñando, respirar, e manter a esperanza. Así foi para Fisterra, que venceu na Coruña e saca 5 puntos (cun partido máis) aos inmediatos perseguidores nesa loita pola 2ª praza. Así foi para o Sofán, que vencía ante o pechacancelas, non sen sufrimento, e relaxa, e moito, a súa situación na táboa.

E así foi para o gran protagonista da xornada, un Xallas que vencía ao poderoso Viveiro, líder indiscutible da clasificación, que marchou de Castriz (comezaron as obras de remodelación do céspede de Fontenla) coa segunda derrota do curso. Os de David González manteñen así viva a chama da esperanza, quedando agora a só 2 puntos do propio Montañeros, que marca a posición de salvación, e a 6 puntos do Dubra.

 

Xallas - Viveiro (3-1)

  • Xallas: Coke, Cristian, Santi, Alberto (Jordan, m.12), Marcos Mouro, R, Borja, Pablo Mato (Peke, m.76), Marquiños, Doro (Jacobo, m.82), Álex Blanco (Camiño, m.54).
  • Goles: 1-0, m.37: Doro; 2-0, m.43: Doro de penalti; 3-0, m.60: Borja; 3-1, m.90.

O Xallas venceu ao Viveiro en Castriz-Foto-Viveiro 2

Menuda vitoria a colleitada polo Xallas ante un Viveiro que só caera derrotado nunha ocasión no que vai de tempada. Un Viveiro que empezou o partido poñendo as ocasións ante un Xallas agresivo na presión, e que intentaba non deixar xogar en ningún momento ao rival. Neses primeiros minutos chegaron un par de ocasións, e sobre todo un man que salvou Coke a Gerardo. E do que puido ser o 0-1, Doro convertiuno cun bonito remate no 1-0. Eses últimos 10 minutos do primeiro tempo foron do mellor do cadro local, e unha das chegadas acababa en penalti que Doro transformaba ao panenka. Antes do descanso o Viveiro tivo un balón ao longueiro.

A segunda parte empezou igual, o Xallas sen renunciar ao balón e presionando ao rival por todo o campo. Nun roubo preto do área Borja facía o 3-0, e aínda, á contra, tiveron dúas moi boas ocasións para selar unha goleada. Pero ao final, xa co tempo cumplido, o líder maquillou o resultado.

 

Foz - Sofán (1-3)

11 da SD Sofan en Foz

  • Sofán: Brais; Rubén (Raúl Añón, m.74), Diego, David Castro, Viqueira; Juanjo, Canedo; Matías (Luís, m.59), Fita (Carro, m.79), Martín (Alexandre, m.46) e Quintela (Paulo, m.53).
  • Goles: 1-0, m.25; 1-1, m.50: Quintela; 1-2, m.84: Paulo; 1-3, m.89: Alexandre de gol olímpico.

SD Sofan venceu en Foz

Tiña un partido trampa o Sofán en Foz e así foi. Na primeira avisou pronto o Sofán, apenas en 20 segundos xa Martín fallou un centro de Matías que parecía gol. Canedo de falta tamén avisaba pero a SD, que non se atopaba cómodo, acabou pagando as ocasións perdidas, e na única chegada do cadro local, gol, como non, a balón parado.

Na reanudación, e coa incorporación de Alexandre no terreo de xogo o Sofán gañou profundidade, e ao 5 minutos unha internada súa na área que cede a Quintela para poñer o empate. O Sofán estirouse e pronto Fita saca un bo tiro que rexeita o pau cando Manuel xa estaba batido. O cadro de Alberto Rodíguez e Cantudo seguia chegando con máis claridade pero o gol faciase esperar, e á contra o Foz marcou ata dous goles que foron anulados ante as protestas da bancada loca.

Non foi ata 5 para o final cando un bo cambio de orientación de Luis sobre Alexandre que controla e de novo cede a Paulo, que remata en boca de gol. Na seguinte xogada, o propio o ex xuvenil deportivista non acerta a rematar un pase de Luís, pero apenas un par de minutos despois Alexandre marca de gol olímpico para sentenciar o choque.

 Sofan en Foz

At. Coruña Montañeros - Fisterra (0-1)

  • Fisterra: Albor, Pablo Vigo, Aarón Fdez., Piti, Santi Taboada, Aarón López, Julián, Capelo, Jesús, Adrián Makaay e Juan de Dora. Tamén: Cristopher, Colombia, Dani Martínez e Rubia.
  • Gol: 0-1, m.30: Adrián Makaay.

Montaneros e Fisterra na grela

Outra vitoria pola mínima, mantendo a portería a cero, deste Fisterra que segue facendo soñar á afección co accenso. O cadro de Ángel Canosa controlou, moi serio o choque, e co tridente Capelo-Makaay-Juan de Dora facía dano a cada estirada. Nunha desas xogadas entre os tres chegaba o gol, á media hora, de Makaay.

Na segunda parte, o Montañeros volcaríase enriba da meta de Albor, que tampouco sufriu demasiado, e case o paga caro cunha contra que Makaay non acertou a remachar.

 

Todas as crónicas de Preferente.

 

Todas as táboas en www.futboldacosta.com

Comentarios