Imprimir

A proposta competicional da RFGF de Preferente para a tempada 20-21

FútbolQPC | 10 de setembro de 2020

Esta pasada noite de mércores a RFGF mantiña unha reunión cos clbs de Preferente. Unha reunión da que quedan pendentes moitas dúbidas, sobre todo o comezo de competición, tendo en conta que o ente federativo depende dos protocolos que ten que crear a Xunta, unha vez que o CDS lavou as mans.

Mentres, a Federación fai esta proposta, non definitiva, do que pode ser a competición de Preferente de cara a esta temporada 20-21, á espera de que os clubs fagan a súa valoración. Ademais, esta é unha proposta que está supeditada a un inicio de competición a finais de outubro ou principios de novembro. Pois no caso de non poder comezar en esas datas, a Comisión Deportiva da RFGF xa traballa en outros formatos que se poidan adaptar ao espacio de tempo disponible para a tempada 20-21.

Así, se a competición puidera empezar o 31 de outubro ou o 1 de novembro, faríanse dous subgrupos creados por criterios xeográficos, quedando os dous equipos costeiros situados no Gr.B, con outros 9 equipos dende Arteixo ata a Barbanza.

O proceso sería o seguinte:

  • Realízaríase unha primeira fase de liga a doble volta en cada subgrupo
  • Ao remate da primeira fase, os tres primeiros clasificados de cada subgrupo clasifícanse para o fase de ascenso e os demáis pasan á fase de descenso.
  • A segunda fase da competición consta dun grupo de ascenso e varios grupos de descenso.
  • Os seis clasificados para o grupo de ascenso xogan de novo unha liga a doble volta de todos contra todos e os dous primeiros acadarán o ascenso
  • Mantéñense 2 ascensos no grupo Norte e 2 ascensos no grupo Sur.
  • Os demais equipos quedan encadrados na segunda fase en tres grupos de descenso. A composición de cada grupo determínase por sistema cremallera.

O sistema de puntuación tamén necesita puntualizacións:

  • i. Na primeira fase é o sistema habitual.
  • ii. Para a segunda fase os equipos arrastran unha puntuación fixa que se establece para cada posición clasificatoria. Aínda que neste caso hai unha diferencia entre o grupo de ascensos e os grupos de descenso.
  • iii. No grupo de ascenso, como podedes ver na presentación adxunta, os dous primeros clasificados na liga regular comezan a segunda fase con 5 puntos, 3 puntos os segundos e 1 puntos os terceiros. Deste xeito preténdese dar valor á primeira fase pero tamén manter a competitividade na segunda fase.
  • iv. Nos grupos de descenso hai un matiz diferencia. Dado que hay 3 grupos de descenso e só 2 grupos da primeira fase, determínase que a puntuación coa que se arranca a fase de descenso veña determinada pola posición que o equipo ocupa dentro do seu grupo de descenso e non pola posición conseguida no grupo da primeira fase. Podedes velo na imaxe cando se pon Mellor 5º ou mellor 8º.
  • v. Esta preferencia determinarase polo coeficiente de deportividade (fair play), xa que veñen de grupos diferentes e non se pode aplicar o coeficiente deportivo.
  • vi. Cada semana estará actualizada na web a clasificación da deportividade ou fair play.
  • vii. Están fixados 4 descensos directos para o Norte e 4 para o Sur. Descenden os tres últimos clasificados de cada subgrupo de descenso (cor vermella na imaxe) máis un cuarto que se determina por coeficiente de deportividad (fair play) entre os penúltimos clasificados dos subgrupos 1 e 2.
  • viii. A estes descensos haberá que engadirlle os arrastres que se produzan polos descensos de Terceira División.

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/futbol-da-costa/proposta-competicional-da-rfgf-preferente-tempada-20-21/20200910142143121770.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia