Regoelle, a tea de araña dos eólicos da Costa da Morte
07:25 15/02/18
Subestación de Regoelle vista dende o aire Despois de falarmos da estafa aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacuacións eléctrica, ou das trampas na negociación das repotenciacións dos parques, hoxe toca repasar cales son os vindeiros movementos do Plan Eólico na Costa da Morte. Un plan que pasa pola instalación de 19 parques na bisbarra despois da aprobación da chamada Lei de Depravación de Galicia, e que recupera parques eólicos mesmo proxectados en 2011. De feito, o de Muxía xa están en plena fase de construción), e dos 19 previstos, 15 levarán a súa liña de evacuón á subestación de Regoelle (Olveira, Dumbría), o novo nó da rede eólica da comarca. A empresa semipública Red Eléctrica Española foi a encargada de construir esta subestación de 220 kV nestes pasados anos, está conectada coa estación do Mesón do Vento, e á que se irán conectando os parques de Mazaricos, Vimianzo, Zas, Coristanco, Santa Comba, Muxía… Como nos comentaba Jado Diéguez, de Ventonoso, “Regoelle convertirase nunha auténtica tea de araña, vai quedar rodeado de cables e grandes postes e tendidos eléctricos”. Aínda queda moita xente por joder.
Parques eólicos que evacuarán na subestación de Regoelle
Instalación | Concellos afectados | Promotor | Potencia (MW) |
P.E. Campelo | Coristanco e Santa Comba | Kaekias S.A. | 42 |
P.E. Monte Tourado-Eixe | Vimianzo | Fenosa Wind S.L. | 36 |
P.E. Lagoa II | Zas | Engasa Lagoa S.L. | 24 |
P.E. Lagoa I | Zas | Viruleiros S.L. | 16 |
P.E. Monte Tourado | Vimianzo | Norvento S.L. | 21 |
P.E. A Ruña II | Mazaricos e Dumbría | Eurus Desarrollos renovables S.L.U. | 21 |
Biomasa Mazaricos | Mazaricos | Gas Natural Fenosa Renoavables S.L.U. | 10 |
P.E. Outes | Serra de Outes | Eólica Galenova S.L. | 27 |
Ampliación P.E. Virxe | Carnota-Mazaricos | Ceólica S.L. | 4 |
P.E. Alto das Agras | Carnota-Mazaricos | Ceólica S.L. | 6 |
P.E. Monte Tourado | Vimianzo | Sistemas Energético Edreira S.A.U. | 6 |
P.E. Alto da Croa | Vimianzo | Gamesa Energía Galicia S.L. | 8 |
P.E. Alto da Croa II | Vimianzo | Sistemas Energéticos Umia S.A.U. | 24 |
P.E. Paxareiras II | Mazaricos | AV Paxareiras S.L.U. | 24 |
Total conexión á Rede de Transporte no Nó de Regoelle 220Kv | 261 |
Artigos eólicos
- A estafa eólica aos propietarios das fincas afectadas polas liñas de evacións eléctrica.
- A repotenciación dos parques eólicos: unha trampa para os propietarios afectados.
- Eólicos vs Dragaxe de Laxe. Mariñeiros vs Unión Fenosa.
Novas eólicas
- 09-02-18: Os viraventos do parque eólico de Muxía atravesan as estreitas estradas da comarca.
- 05-02-18: Feijoo defende no Parque Eólico de Malpica a chamada Lei de Depravación de Galicia.
- Xaneiro 18: Denuncian a tramitación fragmentada do Estudo de Impacto Ambiental dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe.
- Decembro 17: A Xunta autoriza o Parque Eólico de Catasol II en contra do pobo de Laxe e pendente da UE.
- Outubro 17: A Costa da Morte tamén berro o #NuncaMáis contra a Lei de Depredación de Galicia.
- Setembro 17: En Marea oponse ao Parque de Mouriños e á Proposición de Lei que permite declarar de utilidade pública os proxectos eólicos.
- Agosto 17: A liña de evacuación do parque éolico de Mouriños tamén levanta polémica.
- Agosto 2017: Critican que Gas Natural non contemple dispositivos de protección de aves nos novos proxectos eólicos.
- Agosto 2017: O parque eólico de Laxe chega ao Parlamento Europeo.
- Agosto 2017: Adega tamén lamenta o baixo canon que recibirán os Concellos dos proxectos eólicos de Cabana e Laxe
- Agosto 2017: O Manifesto de Laxe contra os eólicos.
- Agosto 17: O proxecto eólico de Mouriños afectaría a dous elementos arqueolóxicos catalogados.
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 17: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un castelo medieval contra a invasión dos viraventos en Laxe.
- Setembro 16: Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
- 2011: 3 novos parques eólicos ameazan o Monte Pindo.
- 2011: Aprobado o parque eólico no Alto da Croa.
Máis novas
- Historia da Enerxía Eólica na Costa da Morte: Pioneiros en todo.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).