Venres. 19.04.2024
El tiempo

Segue as Eleccións Autonómicas en QPC minuto a minuto

Segue as Eleccións Autonómicas en QPC minuto a minuto
Eleccions-Xerais-Autonomicas-Municipais-na-Costa-da-Morte-1 Como vimos facendo dende o nacemento de QPC, as noites electorais son unhas das citas máis importantes do ano. Este ano imos pegar un salto de calidade, e temos contratado un servizo que nos vai permitir ir sabendo o resultado dos nosos concellos en tempo real, en función do escrutinio. Un servizo que contratan medios como A3, 20minutos, Público, La Razón, La Vanguardia ou o HuffPost. Un avance que xorde da idea de facilitar o acceso a toda a información aos nosos lectores e que refrenda a nosa aposta pola información inmediata e veraz.

Tocan Autonómicas

Que interesantes son estas citas cas urnas na Costa da Morte. Unhas votacións sempre dependen se falamos en clave municipal, autonómica ou estatal, pois os resultados cambian radicalmente. Nas anteriores Eleccións Autonómicas de 2012 houbo unha soa cor, o azul, salvo en Dumbría, onde o PSOE mantivo a maioría. Pero non estaba daquela En Marea, que irrrumpiu con forza na primeira proba das Xerais de decembro pasado, e que en xuño volvía superar ao BNG e achegarse ao PSOE. Nada que ver coas Eleccións Municipais, onde o pasado 2015 se perfilou un mapa multicolor, onde o PP sufría unha forte caída e o BNG mantiña unha posición importante. Veremos que acontece este domingo. Dende as 20:00h, haberá unha nova na portada de QPC que permitirá ir seguindo os resultados, concello a concello e de xeito xeral, segundo vaia avanzando o escrutinio. Estade atentos, que Galicia se xoga moito.  

Máis novas electorais

Fonte

Comentarios