Venres. 19.04.2024
El tiempo

As Seleccións da Costa collen ritmo de competición en Cee

A Seleccion da Costa sub11 con Tome
A Seleccion da Costa sub11 con Tomé
As Seleccións da Costa collen ritmo de competición en Cee

Segue a preparación das Seleccións da Costa sub11 e sub13 de cara á Primeira Fase do Campionato de Seleccións Comarcais que se celebrará o 24 e 25 de febreiro nun lugar aínda por determinar.

Este pasado xoves, os dous combinados visitaban o San Paio de Refoxos para enfrontarse aos equipos Alevín e Infantil do Unión Club Cee.

A primeira el xogar foi a seleccións sub 11, que gañaba 1-7 ao Cee ás ordes de Fofi e Tomé, que tivo que substituír a un Carlos Romero que ficaba enfermo na Serra. Moi bo partido, sobre todo a segunda parte, na que se pode comprobar unha melloría no xogo, estando cada vez máis acoplados os rapaces convocados.

Pola súa banda, a Selección sub 13 de Skio e Rubén, gañaba o partido contra o Cee infantil, ofrecendo unha moi boa imaxe, nun equipo que vai notando as sesións de adetramento.

Aínda quedan dúas sesiónsque seguro farán que os representantes da Amarela compitan mellor durante o Entroido.

As convocatorias

Selección Sub11

Seleccion sub 11 da Costa en Cee

Seleccion Sub11 da Costa

Selección sub13

Seleccion Sub13 da Costa 2020

Seleccion Sub 13 da Costa 2020

Novas das Seleccións

Comentarios