Imprimir

Sentir as Carrilanas: Un proxecto social para convertir en pilotos á rapazada invidente

Redacción | 04 de febreiro de 2020

Estes días está collendo dimensión estatal o fermoso proxecto Escoita que artella o RC Deportivo. Ese xeito de achegar a paixón dun partido de fútbol en directo, no estadio, para persoas invidentes.

Un proxecto semellante queren sacar dende Carrilanas Esteiro e a ONCE. Por iso lanzan unha campaña de micromecenazgo a través de goteo.org que se chama Sentir a carrilana”.

Porque pilotar unha carrilana de madeira, provoca sensacións únicas que resultan difíciles de explicar. E porque para as xentes da Carrilanas é moi importante facerllas sentir a aquelas persoas que non poden ver.

A idea é construír 4 carrilanas adaptadas tipo sidecar para que nenos e nenas con deficiencia visual total ou parcial, poidan sentirse protagonistas do Gran Prix de Carrilanas de Esteiro 2020, que cumpre a súa 31ª edición. Irán acompañados dun familiar e un piloto/a convidado/a para a ocasión, creando unha experiencia familiar única no mundo.

Agroa está na nosa man. Precisan da nosa axuda para conseguir uns 6.000€ para a construción das carrilanas a través da campaña de crowdfunding.

Como colaborar

Novas relacionadas

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/muros/sentir-carrilanas-proxecto-social-convertir-pilotos-rapazada-invidente/20200204131718117106.html


© 2020 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA

Banner xunta axudas copia