Imprimir

Solpor dá #unMardeGracias e expón a marca de calidade do Camiño Fisterra-Muxía en Santiago

que pasa na costa | 26 de outubro de 2019

Foto de familia do evento Un mar de gracias- Foto: Alacena Roja
Foto de familia do evento Un mar de gracias- Foto: Alacena Roja

Menudo evento foi quen de artellar a Asociación Solpor. A cita #UnMardeGracias foi unha auténtica demostración de poderío, e do que a Costa da Morte é capaz de facer. Co apoio da Xunta de Galicia a través de O teu Xacobeo, a entidade quixo realizar este evento que serviu para agradecer o compromiso de todas as entidades vencelladas ao Camiño da capital galega. Así llo traslado a preto de 200 profesionais que se reuniron no Hostal dos Reis Católicos, e que viron de primeira man que o Camiño a Fisterra-Muxía xa é marca de calidade.

Falou Jesús Picallo, presidente de Solpor e gran promotor deste evento que nace con vocación de continuidade. "Gracias ás nosas empresas estamos convertindo a Costa da Morte nun destino amable”, sinalou. Picallo, que tamén felicitou a Julio Castro polo seu recente nomeamento de director do Parador de Muxía, tamén recordou cifras do crecemento do noso sector.

picallo dando un mar de gracias copia
Jesús Picallo, promotor do evento

A zona medrou este verán un 6% no número de viaxeiros, cun total aproximado de 100.000 noites, o que supón unha variación do 10,5% en relación ao pasado ano.

Estivo presente o Conselleiro Román Rodríguez, que “a vosa historia ten moito que ver coa dos miles de peregrinos que chegan a Compostela e por iso, en nome da Xunta de Galicia, quero darvos as grazas porque o voso esforzo é o que fai posible que Galicia sexa hoxe un destino elixido por milleiros de peregrinos e visitantes”.

NOVAS RELACIONADAS

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/costa-da-morte/solpor-da-unmardegracias-expon-marca-calidade-do-camino-fisterra-muxia-santiago/20191026091829114356.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA