Imprimir

As obras do novo graderío e ampliación dos vestiarios do campo de fútbol das Eiroas levarán 6 meses

que pasa na costa | 11 de setembro de 2019

Visita municipal para arrincar as obras nas Eiroas
Visita municipal para arrincar as obras nas Eiroas

En marcha se puxeron hoxe, coa sinatura da acta de comezo, as obras de construción dunha nova zona de gradas e de ampliación e reforma dos vestiarios no Campo das Eiras, en Carballo. Covisam Norte S.L., a adxudicataria dunha hora que ronda o medio millón de euros, ten 6 meses de prazo para finalizar a súa execución.

Aproveitarase para modificar o sistema de produción de auga quente e calefacción trasladando a caldeira actual ao cuarto de instalacións dos vestiarios do campo auxiliar, o que permitirá acondicionar un segundo vestiario de árbitros, necesario cando os equipos arbitrais están compostos por homes e mulleres.

A segunda gran actuación é a construción, no fondo norte, dunha nova grada cuberta con capacidade para 300 espectadores, o que implicará desmontar o peche actual nesa zona, trasladar o vídeo-marcador e demoler a conserxaría. A grada será de formigón con asentos de plástico de cores, predominando o azul e o granate da uniformidade do Bergantiños, principal usuario da instalación.

Ademais, a obra incluirá a urbanización exterior do viario.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/carballo/todo-listo-inicio-das-obras-do-novo-graderio-ampliacion-vestiarios-do-campo-futbol-das-eiroas/20190910210734112877.html


© 2019 que pasa na costa

COPYRIGHT 2019 QUE PASA NA COSTA