Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os xalleiros Fernando Baña e Dani García Recarey demostran o seu potencial

Fernando Bana podio no campionato galego de taekwondo
Fernando Baña, segundo pola dereita, no podio dp campionato galego de Ribeira
Os xalleiros Fernando Baña e Dani García Recarey demostran o seu potencial

Boa fin de semana para o deporte xalleiro, con novos fitos para dous dos seus deportistas.

Bronce para Fernando Baña

Levamos case 3 anos seguíndolle a pista, e a progresión do taekwondista xalleiro Fernando Baña Amigo segue en auxe, a pesar de non ter entrado aínda no Centro de Tecnificación de Pontecedra. Esta pasada fin de semana participaba no XIX Campionato Internacional de Riveira, un dos eventos do taekwondo galego de maior solera e nivel de Galicia, onde puido subir ao podio na categoría Junior -63kg.

Nando comezaba baténdose a Gabriel Gil Fernández, un dos mellores de España, pero conseguíu no que foi un dos mellores combates do evento riveirense. Non puido en semis co que acabou sendo campión, o ourensán Martín Conde, pero conseguía subir ao podo e pensar xa no Open Cidade de Pontevedra, a comezos de novembro.

Dani García Recarey comezou a tempada de ciclocross

Dani Garcia Recarey BTT Santa Comba

Outro xalleiro que colleitou un bo resultado foi Dani García Recarey, que arrincaba o campionato galego de Ciclocross en Marín. Acabou entre os 25 primeiros na categoría Élite- sub 23, onde competía o máis granado do pelotón galego e portugués do campo profesional. Unha posición esperanzadora para o que foi membro do club Santa Compaña Santa Comba.

Novas relacionadas

Comentarios