Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Zas anda e canta

Zas anda e canta

Traemos hoxe unha doble sesión de cante e peregrinaxe cun denominador común. I é que os protagonistas son todos, ou boa parte, de Zas. Así, achegamos algunha das imaxes da 3ª etapa do Camiño Portugués que están a realizar medio centenar de veciños e viaxamos ata Curtis coa Coral Xan Mella de Baio.

De Tui a Santiago

O pasado sábado os veciños peregrinos de Zas continuaron coa súa camiñada dende Tui-Santiago por etapas, percorrendo o fermoso Camiño Portugués, unha vez que xa coñecen o Inglés e do Norte realizados os pasado anos.
O pasado sábado 5 de maio perocrreron os 23 km entre Santa Comba de Bértola e A Seca. As fotos de grupo sacáronse no Parque Natural do Río Barosa, a uns 300 mts. do fin da etapa de hoxe, a 6 km de Caldas de Reis, un dos lugares máis fermosos da ruta, e un deses espazos naturais que merecen a pena ver e disfrutar.

Aínda quedan un par de etapas, que se levarán a cabo o sábado 12 de maio dende A Seca- Padrón (25,9km) e o vindeiro 19 de maio dende Padrón-Santiago.

Coa Coral a Curtis

Continúa a Coral Xan Mella de Baio percorrendo o país, e parte do estranxeiro. Desta volta foron a Curtis e a pesar das baixas (isto parece o fútbol da Costa) a Coral deu un fermoso recital no encontro polifónico que tivo lugar no Edifio Multiusos da man das corais compañeiras de Guitiriz, Melide, Arzúa e os anfitrións.

O público gustou das interpetacións costeiras de Lela, María La portuguesa, Terra Meiga, California dreamin, esas propostas máis popeiras que fan da coral baiesa un referente en todo o país. O público respondeu batendo as palmas ao compás de Katiusha, a directora.

E como, esta xente non perdoa. De remate un pincheo pantagruélico onde non faltaron o queixo de Arzúa-Curtis nin as cantigas de sobremesa.

Novas relacionadas

Fointe

Comentarios