Deseñadores nacionais e internacionais converten a Camariñas na capital da moda
08:13 11/04/17
O encaixe estará presente en todos os deseños que se mostren nas distintas pasarelas da mostra de Camariñas
Recoñecidos deseñadores nacionais e internacionais convertirán esta Semana Santa a Camariñas como a capital da moda. Na pasarela amosaranse as orixinais propostas dos participantes baixo un denominador común: a incorporación do encaixe en todos os deseños. Dende traxes de noiva e festa ata roupa de rúa máis sinxela ou arriscados tocados que tamén incoporan as preciadas puntillas.
Amaya Fernández Blanco (Vigo), Ana Cabranes (Asturias), Claudina Mata (Granada), Devota & Lomba (Madrid), Esteban Freiría (Málaga), Javier Barrio (Pontevedra), José Matteos (A Coruña), Noriko Hashizume (Xapón), Sara Lage (Lugo) e Mar Balmón (complementos) cítanse estes días en Camariñas. Tamén participará a deseñadora local María Campaña.
Ademais dos traballos dos recoñecidos deseñadores durante cinco días poderase ver en Camariñas as creacións das futuras promesas que participan no concurso. Uns trinta mozos e mozas de todo o territorio nacional participan no certame que se popularizou nos últimos anos.
Tamén participan no certame dezasete delegacións extranxeiras, procedentes de países tan variados como Xapón, a India, Arxentina, entre outros, que darán a coñecer as principais técnicas dos seus respectivos países. Durante todos os días da mostra haberá demostracións en vivo das palilleiras e postos de venta con artesanías de todo tipo. A mostra do Encaixe de Camariñas inaugurase mañá mércores e clausurase o 16 de abril.
Xornada para profesionais da moda
A primeira xornada da XXVII mostra do Encaixe de Camariñas será mañá mércores e estará adicada aos profesionais da moda. Ás 12:30 horas haberá un pase exlusivo para os asistentes cos deseños de Amaya Fernández, Ana Cabranes, Claudina Mata, Devota & Lomba, Esteba Freiría, Javier Barrio, José Matteos, Noriko Hashizume, Sara Lage e Mar Balmón e, a continuación, participarán nunha comida na localidade camariñana.
A inauguración do certame terá lugar mañá ás cinco da tarde coa presenza de numerosas autoridade. O acto estará presidido pola directora xeral de Comercio - Sol Vázquez - e o presidente da Deputación da Coruña - Valentín González Formoso.
Dentro das numerosas actividades paralelas, este ano haberá por primeira vez a recreación das antigas Palilladas que tiñan lugar na localidade coa participación da asociación de Amas de Casa de Camariñas. Os alumnos da escola municipal de Palillo tamén participarán no desfile inagural da Mostra cos traballos feitos por eles mesmos.
Novas relacionadas
- Abril 2017: A pasarela da Deputación enmárcase como o evento central da Mostra do Encaixe de Camariñas
- Abril 2017: A firma galega Javier Barrio incorporase á Mostra do Encaixe de Camariñas
- Marzo 2017: Camariñas leva a súa Mostra do Encaixe ata Xixón
- Marzo 2017: Camariñas promociona en Vigo a 27 edición da mostra do Encaixe
- Marzo 2017: Quimonos xaponeses de encaixe para a Mostra 2017
- Marzo 2017: O cartel da XXVII Mostra do Encaixe devólvenos á Camariñas de 1912.
- Decembro 2016: 28 coleccións no novo Concurso de Deseñadores Noveis do Encaixe de Camariñas.
- Palilleiras de Camariñas participan na mostra internacional do encaixe de Peniche
- De Camariñas a Los Ángeles pasando por Vigo
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe, o Faro que alumea a comarca
- Mostra 2016: A Mostra do Encaixe abre as súas portas
- En marcha a Mostra do Encaixe, o motor económico da comarca
- Rosa Mouzo: “As mulleres de Camariñas levamos o encaixe na pel”.
- O encaixe de Camariñas chega ao Parlamento de Galicia
- Atopan a que podería ser a peza de encaixe máis antiga que se coñece na Costa
- Mostra 2015: A Mostra do Encaixe bate marcas con máis de 23.000 visitantes
- Mostra 2015: Comezo reivindicativo dos 25 anos de Mostra de Encaixe.
- Mostra 2015: A moda, a gran protagonista dos 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Teddy Vilán, a primeira mascota da Mostra do Encaixe.
- O Encaixe de Camariñas, o que máis triunfa na FITUR.
- Un corazón para celebrar os 25 anos da Mostra do Encaixe.
- Mostra 2014: A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas.
- Mostra 2013: O Encaixe continúa sumerxíndose no século XXI.
- Mostra 2012: 17.000 visitantes fan do Encaixe un produto de moda a pesar dos recortes.
- Mostra 2011: Camariñas pon a tradición de moda.
- A Mostra de Encaixe, unha de Festas de Interese Turístico na Costa da Morte.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación de A Coruña
- Concello de Camariñas