Despregado un completo dispositivo de busca por un Policía Nacional desaparecido no Cabo Fisterra

09:20 21/10/15

Unha marea de medios de Salvamento e corpos de seguridade ateigan dende primeiras horas deste martes 20 de outubro a zona do Cabo Fisterra. Un Policía Nacional, de 25 anos e natural de Madrid, que viña facendo o Camiño, desaparecía este pasado domingo.
Tras dous días sen coller o teléfono, este mediodía uns peregrinos atopaban unha mochila coa súa documentación nas rochas do entorno do Faro fisterrán.
Comezaba aí o dispositivo de busca, liderado pola Garda Civil, con medios aéreos, marítimos e por terra. Traballando arreo seguen medios de Salvamento Marítimo, e medios da Garda Civil e da Policía Nacional, acompañados polos membros de Protección Civil de Fisterra.





Novas relacionadas
- 14-10-15: Continúa desaparecido o tripulante da embarcación afundida fronte a Malpica.
- 07-10-15: Aparece o corpo do mozo de Lires no seu vehículo no fondo do mar de Cee.
- 18-06-15: Tarde tráxica: Un falecido na praia do Ézaro e aparece un cadáver no mar de Fisterra.
- 01-06-15: Desaparece un novo peregrino no mar de Fisterra.
- 06-02-15: Aparece o corpo dunha muller nas rochas do Cabo Fisterra.
Máis novas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).