En Marea presenta un escrito instando ao Goberno estatal a actual contra a “ilegal” moción de censura de Coristanco
          
    15:09 30/08/17 
            
 En Marea cos seus simpatizantes de Coristanco
Como prometía nada máis rematar a esperpéntica moción de censura, o grupo En Marea vén de presentar un escrito na Subdelegación do Goberno instando a actuar, “canto antes”, de oficio contra a moción de censura “ilegal” no Concello de Coristanco.
O viceportavoz de En Marea no Parlamento, Antón Sánchez, mantivo unha xuntanza esta mañá con simpatizantes de Coristanco para analizar a situación onde salientou que “os interese privados ligados a esta operación non poden prevalecer sobre o interese xeral”. “De sobra son coñecidas as prácticas caciquís e clientelares do alcalde na sombra, Antonio Pensado, e as súas imputacións e implicación en apertura de dilixencias no Xulgado de instrución número 1 de Carballo” denunciou Sánchez quen incidiu que “este tipo de intereses non debe condicionar a acción dun goberno democrático”.
Sánchez instou ao PSdeG a aclarar se a expulsión de Abraham Gerpe se fixo en tempo e forma o que provocaría que o acordo da moción de censura sexa ilegal e polo tanto deberían presentar recurso xudicial co fin de restablecer a legalidade no Concello de Coristanco.
[fbvideo link="https://www.facebook.com/EnMareaGal/videos/2040977899459105/" width="600" height="400" onlyvideo="1"]
Artigos relacionados
A historia da moción de censura de Coristanco
- 28-08-17: En Marea pide a actuación do Estado para anular a moción de censura de Coristanco.
 - 25-08-17: O PP abrirá expediente disciplinarios aos concelleiros que fixeron posible a moción en Coristanco.
 - 25-08-17: Abraham Gerpe, novo alcalde de Coristanco ao sacar adiante a moción de censura.
 - 24-08-17: O PP rompe o seu silencio dando por pechada a moción de censura en Coristanco.
 - 23-08-17: O PSdG expulsa a Abraham Gerpe e fai case imposible a moción de censura en Coristanco.
 - 22-08-17: TeGa arremete contra PP e PSOE no marco da moción de Coristanco.
 - 11-08-17: O PSdG Provincial dá marcha atrás á moción de censura de Coristanco.
 - 08-08-17: PSOE e PP presentan unha moción de censura en Coristanco.
 
Máis novas da política municipal de Coristanco
- Agosto 2017: O Concello de Coristanco saneou en 2 anos os 3 millóns de euros de débeda municipal do anterior goberno do PP.
 - Xullo 2017: O BNG de Coristanco lamenta “un goberno sen proxecto nin iniciativas” tras un pleno de 15 minutos.
 - Xuño 2017: En Marea fai balance dos dous do goberno “caciquil” en Coristanco.
 - 22-06-17: O suposto suborno do PP a unha edil de TeGa tensa máis a corda da política coristanquesa.
 - 22-06-17: Lavandeira califica de traizón a marcha de Verónica Facal de TEGA.
 - 21-06-17: Verónica Facal deixa só ao alcalde á fronte de TeGa de Coristanco
 - Febreiro 2017: O BNG sae do goberno de Coristanco e deixa só ao alcalde.
 - Febreiro 2017: Os veciños volven quedar sen palabra no pleno de Coristanco.
 - Novembro 2016: O PSOE de Coristanco apoia unha moción da revisión do IBI presentada polo PP.
 - Xuño 2016: O BNG de Coristanco critica a falsa xenerosidade do edil do PSdG
 - Xuño 2016: O edil do PSOE de Coristanco renuncia á súa dedicación.
 - Xuño 2015: PSOE e BNG apoiarán a investidura a Amancio Lavandeira como novo alcalde de Coristanco.
 - Abril 2015: Gerpe, o alcaldable máis novo do PSdG en toda a provincia.
 
Máis novas
- Maio 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
 - Maio 2015: A man culpable do alcalde de Coristanco Pensado Plágaro.
 - Xuño 2014: O alcalde de Coristanco, imputado por prevaricación e malversación de fondos públicos.
 - Febreiro 2014: A concesión de obras municipais volve levar a un Concello de Coristanco ante a Xustiza.
 - Febreiro 2014: Rexistro no Concello de Coristanco por suposto delito de prevaricación e tráfico de influencias.
 
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).