Evento
Cata de viños no Marzo Enolóxico de Laxe

Este venres 1 de marzo, ás 19,00h. no Museo do Mar de Laxe, o Concello de Laxe inaugura o mes adicado á enoloxía, para potenciar a cultura popular do chateo así como a profesionalidade do sector hostaleiro neste campo, co programa de catas incluido neste “Inverno Gastronómico e Enolóxico”.
Será coñecendo a Denominación de Orixe Ribera del Duero coa estimable colaboración de Bodegas Pago del Cielo. J.Miramontes, delegado de Excelsia, que será o encargado de guiar unha sesión durante a cal se aprenderán consellos e recomendacións para catar un viño paso a paso a través do paladar, do olfato e da vista.
A actividade está dirixida a persoas maiores de 18 anos. Será no Museo do Mar e non require inscrición previa para asistir pero as prazas son limitadas, ata completar aforo.
O ciclo de catas organízase, por terceiro ano consecutivo, co obxectivo de maximizar a cultura do chateo nos negocios locais, converter Laxe nun referente na materia e expandir tamén a cultura da maridaxe coa nosa gastronomía.