Evento
Cata de viños Ribeiro en Laxe
29/mar./2019
19:00 h
Museo do Mar

12:39 28/03/19
Marino Álvarez Robles e Duvi González Pernas, estarán o venres 29 de marzo no Museo do Mar de Laxe, guiando a última sesión de catas do programa de actividades reLAXEse 2019. A sesión comezará ás 7 da tarde.
Os expertos, farán unha introdución á Denominación de Orixe Ribeiro e a continuación falarannos da xestión e produción do viño do Ribeiro a través da experiencia da Adega Dona Elisa.
No proceso de cata analizaranse tres viños:
- Canción de Elisa Branco, colleitas dos anos 2014, 2016 e 2017
- Canción de Elisa Tinto, colleita 2017
Esta actividade está aberta a calquera persoa maior de idade que queira aprender sobre viños. Non se require inscrición previa. As prazas son limitadas, ata completar aforo.