Xoves. 28.03.2024
El tiempo
que pasa na costa

Evento

Limpeza voluntaria da zona marisqueira da Basa

04/maio/2019
10:30 h
Limpeza da Basa Camarinas con Mariscadoras e Mar de Fabula
Limpeza voluntaria da zona marisqueira da Basa

Os voluntari@s de Mar de Fábula e as mariscadoras de Camariñas volven armar unha limpeza na zona da Basa

A Asociación Mar de Fábula e a agrupación de mariscadoras de Camariñas organizan, por cuarto ano consecutivo, unha xornada de limpeza da zona marisqueira da Basa, sita no municipio de Camariñas. A acción, coa que colabora o Concello de Camariñas, terá lugar o próximo sábado, 4 de maio. Esta actuación ten por obxectivo apañar o lixo que o vento e as correntes mariñas transportaron, ao longo do inverno, ao fondo da ría. Un exercicio de responsabilidade co medio ambiente e, á súa vez, cunha zona de traballo para as mariscadoras.

Para levar a cabo as tarefas búscase a colaboración dos veciños e veciñas do municipio, así como de voluntarios e voluntarias procedentes doutros sitios. Os participantes encontraranse ás 10:30 horas no aparcadoiro do restaurante O Ariño, sito a 2 km de distancia da Ponte do Porto.

Os organizadores recomendan aos asistentes levar calzado axeitado para as tarefas, como poden ser as botas de goma ou as chirucas. Tamén é aconsellable levar comida e bebida para o pícnic de confraternidade que se realizará, ao rematar, na área recreativa do Ariño.

Novas relacionadas

Comentarios