Evento
Ruta Carballo por Etapas 2019 (I)
Un total de 17 locais hostaleiros participan na sétima edición desta iniciativa gastronómica local. Estas rutas de bares son garantía de éxito, e máis na capital de Bergantiños, onde a excelencia culinaria é unha relixión. Así, por dous euros a tapa poderemos probar as delicias do mar con bacallau, gambóns, polvo, mexillóns chipiróns ou atún Calvo; e da terra con solombo de porco, polo, vaca, verduras frescas, xamón ou as nosas saborosas patacas, entre outros moitos manxares.
As datas: os días 24, 25, 26 e 31 de maio e o 1 e 2 de xuño en dúas fins de semana consecutivas de venres a domingo. Os horarios: venres de 20.00 a 22.00 horas e sábados e domingos de 12.00 a 14.00 e de 20.00 a 22.00 horas.
Este ano son 17 os locais hostaleiros que se animaron participar nesta ruta gastronómica, con dúas tapas por cada bar: A Barra Bar, A Nova Ferradora, A Nova Tasca, Cafetería Habanos 79, Cervecería Ágora, Cervecería A Tapería, Korner Carballo, Mesón A Cabaña, Mesón As Viandas, Oasis Restaurante-Vinoteca, O’Burato 26 Marisquería, Restaurante A Esmorga, Restaurante Mesón do Pulpo, Restaurante Vinoteca A de Pako, Taberna O Mexillón e Trattoría Pizzeria Vesuvio.
Durante as datas volverá haber tren turístico, con paradas diante de todos os bares participantes. O tren circulará os venres 24 e 31 de maio de 19.00 a 21.00 horas e o resto dos días de 12.00 a 13.30 h. (excepto o domingo 26 que non circulará pola mañá) e de 18.00 a 21.00 h. O punto de saída será a rúa Desiderio Varela cunha frecuencia de 30 minutos, aproximadamente.
O menú con todas as tapas para cada finde estará no Facebook de Carballo por Etapas para que así poidades escoller. Ademais, a clientela recibirá con cada tapa un rasca co que poderán obter premios directos como por exemplo camisetas, libretas, bolígrafos, xogos de seis copas de viño cedidos por Proquiber, botellas de viño magnum cortesía de Distribuciones Cotelo e Bebidas y Bodegas Carballo ou outra tapa no mesmo local para poder seguir gozando da comida.