![As xornadas desenvolvéronse na contorna da praia de Traba]()
A praia de Traba foi o lugar elixido para realizar unhas xornadas de educación ambiental
O auxe do deporte na natureza fixo que o
concello de Laxe levase a cabo durante semana varias actividades dirixidas a determinados colectivos sociais, que en ocasións fican excluídos de tales iniciativas, co fin de que tivesen a oportunidade de descubrir o valor e a importancia do medio natural nunhas
xornadas de educación ambiental deseñadas por
Benquerenza. Ésta é unha empresa de recente creación e que está especializada na divulgación do patrimonio natural e cultural e que na actualidade desenvolve un ambicioso proxecto de posta en valor da paisaxe na Costa da Morte.
O escenario escollido foi
Traba, concretamente o paseo de acceso ao areal dende a aldea de Mórdomo, onde as infraestruturas facilitan a accesibilidade de todos os públicos a un dos espazos con maior biodiversidade da zona. Deste modo e nun percorrido de menos de un quilómetro, os asistentes recoñeceron todo un universo de vida coa súa complexidade e excepcionalidade, a conformación de todo un ecosistema diverso e a existencia de curiosos moradores, dende pequenos animais ata plantas en perigo de extinción.
Membros da asociación
Integro e da asociación de minusválidos
O Peñón de Laxe foron algúns dos participantes destas xornadas.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta)
Novas relacionadas