Mércores. 15.05.2024
El tiempo

Liga da Costa: Como unha novela de Agatha Christie

Liga da Costa: Como unha novela de Agatha Christie
Parece a competición a historia dos dez negriños: eran catro líderes hai dúas semanas, tres a pasada e agora despuntan na cabeza os intratables Corme e Baio O Baio adicoulle o triunfo a Peke - Foto: CD Baio O Baio adicoulle o triunfo a Peke - Foto: CD Baio Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Porteño 1-1 Cerqueda Campo: A Grixa Porteño: Martín, Pejo, Adrián, Piti, Cousillas, Quilmes, Wii (Jorge Porto m.56), Mario Toja, Marcos, Jorge Velo e Manuel Cerqueda: Jose Ramón, Bastón, Athu, Martín (Juanjo m.88), Lorenzo, Pablo, Cristian, Dani Mato, Iván Mato, Míchel e Sergio Árbitro: Miño Rojas (A Coruña). Amonestou a Piti, Martín, Marcos, Jorge, Pejo do Porteño; Miguel Ángel, Dani Mato, Martín do Cerqueda Goles: 1-0 m.33 Pejo; 1-1 m.35 Miguel Ángel A rifa da Grixa era do máis variopinto - Foto: CF Porteño A rifa da Grixa era do máis variopinto - Foto: CF Porteño Porteño e Cerqueda deixaron un partidazo - Foto: UD Cerqueda Porteño e Cerqueda deixaron un partidazo - Foto: UD Cerqueda Reducción de marcha A revelación do que vai de tempada na Liga da Costa, o Cerqueda, non foi quen de tomar A Grixa, un campo de pronóstico imprevisible, espello da irregularidade dun Porteño capaz do mellor e o peor. Se en encontros anteriores aos da Ponte lles fallara a puntería, esta vez conseguiron adiantarse nun primeiro tempo de dominio visitante. Pejo, a centro de Manuel, inaugurou o marcador. Unha execución magnífica de libre directo por parte de Míchel equilibraría de novo o marcador segundos despois. Variou notablemente o panorama nunha reanudación na que as ocasións máis claras foron para o Porteño. Porto estrelou un balón no pau e pouco despois non chegou por milímetros a un balón morto. Corcubión 1-2 Laxe Campo: Cubaleiro Corcubión: Beto, Mario, Sebas, Antón Lestón (Senra m.58), Roi, Lema, Gabi, Adrián (Alan m.50), Tito, Nes (Samuel m.65) e Pablo Castro Laxe: Noé, Naya, Manu, Bras (Martín m.88), Simón, Gora (Borja m.78), Santi (Pablo m.60), Saleta, Zúrich (Felipe m.36), Álex Trigo e Santi Casal Árbitro: García Vázquez (A Coruña). Expulsou a Álex Trigo, do Laxe (m.85). Amonestou a Pablo, Mario, Alan e Senra do Corcubión; Manu, Saleta, Santi, Naya e Felipe do Laxe Goles: 0-1 m.29 Saleta; 1-1 m.55 Roi; 1-2 m.90 Borja Máis duro que un bocadillo de area Fútbol costeiro pretérito foi o que houbo sobre Cubaleiro no que deu en convertirse na segunda vitoria do Laxe esta tempada. Non foi a mellor versión do Corcubión, que sen embargo competiu e buscou os tres puntos ata un final letal para os seus intereses. Nun primeiro acto afeado, a búsqueda de balóns para Roi e Tito foi o arma local, mentres que o balón parado converteuse no punzón laxense. Curiosamente, un saque de banda en ataque corcubionés acabouse por ser unha contra con resultado de gol visitante, obra de Saleta. O guión para o segundo acto pasou pola iniciativa branquiazul e a búsqueda de contras por parte do Laxe. Unha boa acción colectiva con pase de Tito a Roi premiaría a vontade da UD e igualaría de novo. A media hora final foi a historia dunha lánguida e inocente insistencia corcubionesa e unha seria resistencia rival, incluso en inferioridade numérica. Beto salvaría o segundo do Laxe, aviso e preludio da acción de córner e rexeites, co tempo case cumprido, que lle daría forma á sorpresa en forma de triunfo visitante. O susto da tarde deuno o local Antón Lestón, mancado tras unha forte entrada. Unión Club Cee 1-1 San Lorenzo Campo: San Paio de Refoxos Unión Club Cee: Paulo, Nico, Jorgito, Julito (Samuel m.77), Josiño, Noé, Martín, Carlos Leis (Leo m.72), Javi (Penedo m.72), Juan Bello (Javi Calo m.66) e Carliños San Lorenzo: Javi Souto, Javi Puñal (Jorge Pichel m.60), Samuel, Rudi, Juanjo, Pablo Díaz, Kevin (Ángel m.81), Iván Parafita, Juni, Álex Taibo e Dani Pena (Diego m.73) Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Julito e Jorgito do Cee; Ángel do San Lorenzo Goles: 0-1 m.55 Juni; 1-1 m.94 Penedo Sempre queda Penedo Pode que non sexa titular sempre, ou que deixara de ser o rapaza que marabillaba Corcubión en categorías inferiores, pero o que tivo retivo. E onte tocoulle reter un punto para un Cee que comprobaba como o bo facer, a claridade de ideas e a orde estaba a darlle o triunfo ao San Lorenzo de Verdillo. Nun encontro de alternativas e ocasións para os dous equipos, foi unha acción de córner o que lle permitiu a Juni inaugurar o marcador, xa no segundo acto. Houbo ofensiva unionista de aí ao final, no que sería tamén un golpe de realidade unha vez más en forma de falta de gol. Pero esta vez a fe serviulle ao Cee para mover montañas e, co tempo case expirado, e tras varios rexeites, Penedo acertou a meter o pe o xusto para igualar o choque. Fixera case todo ben o San Lorenzo, cunha notable circulación de balón e dominio durante boa parte da tarde, pero apareceulle un deses que de vez en cando pasa por aí. Coristanco 2-2 Ponteceso Mendieta foi o capitán na Rocheira - Foto: David Antelo Mendieta foi o capitán na Rocheira - Foto: David Antelo Campo: A Rocheira Coristanco: Brais, Mato, Gustavo (Álvaro m.60), Javi, Pazos (Corral m.52), Toni (Gonzalo m.62), Iván, Damián, Magovi, Fabio (Johny m.23) e Jorge Ponteceso: Brais, Martín Puente (Youssef m.86), Cotelo (Baba m.46), Matías, Nando, Dieguto (Gurita m.66), Charro, Javier, Ismail, Mendieta e Charly Árbitro: Varela Rodríguez (A Coruña). Amonestou a Jorge, Gustavo e Damián do Coristanco; Dieguito do Ponteceso Goles: 1-0 m.28 Magovi; 1-1 m.38 Dieguito; 1-2 m.69 Nando; 2-2 m.73 Jorge A trampa da Rocheira Pequeno e cunha obriga a practicar certo fútbol, A Rocheira pasa por ser unha proba do algodón para a capacidade de rexeración de calquera equipo. A piques estivo de pasala con éxito o Ponteceso, pero finalmente acabou cun punto amargo na loita pola escalada clasificatoria. Nunha primeira metade aberta e con poucas chegadas claras de perigo, marcou o camiño do gol o intelixente Magovi, que aproveitou un balón ás costas da defensa, encarou a Brais e definiu. Era o peor panorama posible para un Ponteceso que pese a todo mantivo a calma e aproveitou un bo disparo de Dieguito preto do intermedio para equilibrar. Nesa dinámica de alternativas desenrolaríase tamén unha segunda metade definida polos goles con toque de espectacularidad. O tipo o 1-2 a cargo de Nando, desde case o medio do campo, e tamén a igualada de Jorge, pouco despois, con outro disparo de case trinta metros. Os dous Brais resultaron chave para que o marcador non se movera máis. Castriz 1-2 Baio Campo: San Pedro Castriz: Herrera, Carlos, Raúl, Álex (Balsa m.80), Steven, Adrián, Chinda (Luis m.73), Iván, Pablo, Kevin, Macos (Nakata m.66) Baio: Recarey, Isaac, Norberto, Porto, Pedro, Fachal, Martín (Brais m.71), Moreno (Rubio m.76), Santi Díaz (Ramón m.84), Javi Suárez (Luis m.77) e Martín MC Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Goles: 0-1 m.31 Javi Suárez; 0-2 m.76 MC; 1-2 m.84 Landeira … E o partidazo tamén o levou Cada vez máis síntomas de fiabilidade e pinta ten candidato amosa un Club Deportivo Baio que en San Pedro pasou con nota un deses exames obrigatorios para calquera campión. Non foi o máis bonito dos partidos da fin de semana, nin moito menos. O Castriz sentiuse cómodo sen balón e o Baio confiado con el. Houbo déficit de oportunidades nun primeiro acto resumido nunha acción de remate fóra do local Pablo e no gol de Javi Suárez á media hora, tras aproveitar un rexeite de Herrera. Non variou demasiado o panorama tralo intermedio, aínda que parecía comezar a cita con máis acción, ao fío do man a man salvado por Herrera ante Santi Díaz. Sen achegamentos en exceso, desequilibrou a balance a capacidade de pegada, e diso o Baio ten moito. un centro con rosca de Moreno para MC, que cabeceou á perfección, significaba o 0-2 parecía que a sentencia. Pero aínda diría a última palabra Landeira, cunha volea espectacular á escuadra.
Buño 0-4 Esteirana Así estaba o campo de Xaviña - Foto: Buño Así estaba o campo de Xaviña - Foto: Buño Campo: Xaviña Buño: Toni, Miguel Dourado, Canedo (Aitor m.66), Eloy (Mario m.66), Dani Calvete, Emilio (Fran m.60), Adrián, Alexander, Richard, Jorge Calvete e Martín (Juan Antelo m.70) Esteirana: Roberto, Eloy, Rafa (David m.50), Martín, Álex (Brais m.80), Adrián, Manu (Iker m.83), Codesido, Jaime, Simón (Carlos m.75) e Tobío Árbitro: Sabio Sánchez (A Coruña). Amonestou a Eloy, Jorge Calvete e Mario do Buño Goles: 0-1 m.15 Simón; 0-2 m.22 Álex; 0-3 m.38 Álex; 0-4 m.50 Manu Festiválex A locomotora de Esteiro, reconvertida recentemente a 'playmaker' volveu á súa versión express. Álex, extremo dos azulgrana, foi o protagonista absoluto da visita a Buño, ao estar presente na maior parte dos goles dos seus e dinamizar o xogo e o ataque do equipo. Ao intermedio, o partido estaba xa resolto. A fichaxe de Manu deulle un salto cualitativo ao triangulo que agora formacon Simón e Álex. Unha indecisión na medular deixou ao zurdo man a man con Toni, e resolveu a gol. Logo chegarían os tres do diestro. Unha disputa entre Eloy e Manu acabaría co 0-2, mentres que contra con pase de Simón a Álex deixou ao extremo en posición franca para facer o terceiro (os locais protestaron a man previa). Non variou demasiado o panorama á volta de vestiarios, a pesares da mellora do Buño, e na primeira que houbo Manu resolveu. Mazaricos 2-0 Camariñas Campo: Peña do Ouro Mazaricos: Miguel, Matías, David, Ricardo, Molinos (Martín m.84), Estéfano, Dani Martínez (Brais m.72), Manuel Luis (Chenel m.68), Diego Maneiro, Esteban (Raúl m.17) e Pereiro Camariñas: Álvaro, Soule, Moriño, Sergi (Rodri m.60), David (Joseba m.80), Yuyo (Pablo m.54), Javi Antelo (Brandon m.46), Nico, Maikel (Brais m.65), Gabri e Nazo Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a Brais do Mazaricos; David do Camariñas Goles: 1-0 m.9 Dani Martínez; 2-0 m.46 Matías Aínda ten que mallar Non pudo trasladar o espírito do Hermanas Patiño o Camariñas na súa visita a Mazaricos, onde evidenciou que aínda lle queda un pequeno paso para loitar con conxuntos máis veteráns. Adiantáronse moi cedo os locais, tras unha xogada por banda dereita e pase para un Dani Martínez que aproveitou un erro de marca para definir cun tiro ao segundo pau. Avanzou con lentitude a primeira metade, na que os locais aproveitaron á perfección as accións directas e os visitantes non se atoparon en ningún momento. Chegaría á volta de vestiarios a estocada case decisiva, cun remate de poderío de Matías ao fondo da rede. Soule e Nazo encabezaron a ofensiva azul na desvantaxe, e aínda que a impresión mellorou notablemente a puntería non foi a das grandes tardes. Corme 3-1 Baíñas Campo: O Cairo Corme: Jose, Jesús (Toniño m.46), Dani, Pandi, Sergio (Alejandro m.69), Eloy, Martín (Diego m.69), Adrián Doldán, Alejo, Lucas e Brais Corral (Brais Torrado m.79) Baíñas: Maikel, Iván (Héctor m.72), Pablo Riveiro, Samuel, Braulio, Jose Antonio, Cristian, Esteban, Damián, Víctor e Oreiro (Pablo Muíño m.64) Árbitro: García Novo (A Coruña). Expulsou a Eloy (m.40) e a Maikel (m.75) do Baíñas. Amonestou a Brais Corral do Corme; Oreiro, Damián e Iván do Baíñas Goles: 1-0 m.48 Alejo; 1-1 m.58 Esteban; 2-1 m.75 Alejo; 3-1 m.78 Toniño O líder aprende a sufrir Atopou de novo o camiño do gol un Corme que sufriu moito máis do previsto para desfacerse do Baíñas. Só o acerto do punta Alejo, así como a chave expulsión do meta visitante Maikel, deron na fórmula para que os bergantiñáns mantiveran o liderato. Aguantaron á perfección os vimianceses (que protestaron a arbitraxe) durante unha primeira metade na que ao Corme lle faltou profundidade. Parecía chave o tanto de Alejo ao comezar a reanudación, pero unha boa acción do ex do Zas Esteban equilibraría pouco despois. Tres minutos chave a raíz da expulsión decidiron na recta final. A boa nova para os vimianceses foi o retorno de Pablo Muíño, tras meses mancado. Monte Louro 3-1 Malpica Raúl de novo foi chave no Louro - Foto: Edu Olveira Raúl de novo foi chave no Louro - Foto: Edu Olveira O Malpica non tivo demasiados recursos - Foto: Edu Olveira O Malpica non tivo demasiados recursos - Foto: Edu Olveira A clase de Brais foi unha das armas dos visitantes - Foto: Edu Olveira A clase de Brais foi unha das armas dos visitantes - Foto: Edu Olveira Campo: Agra de Filgueira Monte Louro: Iago, Abel, David, Manolo Chouza, Jose (Pablo Vidal m.15), Yeray, Raúl (Cristian m.78), Miguel, Geiko, Riki (Joaquín m.87) e Juan de Selia (Sergio m.90) Malpica: Rubén, Cristian, Alberto Carballo, Isma, Jose Luis, Alberto, Brais, Pablo Rey, Eloy Cabeza, Sotelo e Marcos Pensado Árbitro: De Veiga Domínguez (A Coruña). Amonestou a Riki, Yeray, David e Raúl do Monte Louro; Pablo Rey do Malpica Goles: 1-0 m.34 Juan de Selia; 2-0 m.58 Raúl; 2-1 m.76 Brais, de penalti; 3-1 m.90 Joaquín O mellor Louro Tirou de velocidade e pegada a Unión Deportiva Monte Louro para impoñerse a un Malpica con moi poucos efectivos, moitas baixas e que non realizou nin unha substitución en todo o encontro. Os bergantiñáns tiveron no corcubionés Brais, autor do gol que reabriu o encontro, ao seu home máis perigoso arriba, aínda que pecaron da falta dun dianteiro de referencia. Sobresaínte nos locais foi o canteirán Riki.

Comentarios