As Torres do Allo celebra as Letras Galegas coas crianzas da comarca
A próxima fin de semana as Torres do Allo contará con varias actividades co gallo do Día das Letras Galegas.
O 17 de maio haberá o espectáculo de danza “Lea” creado por Fran Sieira coa colaboración da Asociación Cultural Adro de Baio que se presentará a partir das 12:30 horas nas Torres do Allo (en caso de chuvia, pavillón municipal de Baio). Logo haberá unha foliada aberta. Entrada de balde.
O 18 de Maio ás 16:00h as Torres do Allo celebra o día das letras galegas cun taller artístico para os rapaces e rapazas de entre 4 e 10 anos. Nesta actividade gratuita os participantes terán que representar nun lenzo detalles da cultura galega.
O obradoiro será gratuito e con prazas limitadas polo que será preciso inscribirse facilitando datos como o nome e apellidos do participante, a idade e un número de teléfono aos seguintes contactos: Centros Socioculturais de Zas ou Baio (981 751 398 / 981 718 056) ou no mesmo correo das Torresdo Allo ([email protected]).
Visitas guiadas
Ademáis da actividade tamén se propocionan os servizos de visitas guiadas polo pazo ás 13:00h e ás 17:00h. Tamén estarán dispoñibles as exposicións de “As Torres tal como eran” e “Terra de pazos” onde explicarán como foron as Torres do Allo antes da súa restauración e información sobre todos os pazos e casas grandes de toda a Costa da Morte.