Ligas FS: O Mamma Mía, campión da Copa FS de Santa Comba


Fin de semana este espectacular de FS na Costa da Morte. As Copas de FS de Corme e Santa Comba van chegando ao final. Se por Corme queda unha semana, en Santa Comba, este pasado sábado foi o día da gran final copeira.
Arrincaba a festa do Futbol Sala en Fontenla na tarde sabatina co 3º e 4º posto en xogo, entre o campión de Liga, O Vilar de Céltigos, e a Taberna do Meu Comprade. Finalmente os do Vilar vencían por 5-3 e subiron ao podio.
A gran final estivo protagonizada por El Juguetón e Pizzería Mamma Mía. Foi un choque no que o Mamma Mía levou o peso ante un Juguetón ben armado atrás, sobre todo despois do primeiro gol obra de Dani o Madrileño. Intentaban aguantar e saír á contra, pero o empate a falta de 8 minutos fixo moito dano, e aí se viñeron abaixo, e as embestidas do Mamma Mía deixaron o 4-2 final no marcador.

Copa en Corme
Xa se disputaron Cuartos da Copa da Liga de Fútbol Sala Corme 2016/2017 A.D. Vila de Pondal. Uns Cuartos que precederán ao gran maratón do vindeiro sábado 20 de maio, cando se disputarán as semis e a final e se fará a entrega de trofeos tanto da Liga como da Copa.Cuartos:
- Beres Apligasa – Royal Tym (6-2).
- Bar París – Bar Mádison (4-2).
- Trans. Cotelo – Seaia F.S. (6-2)
- Taller Capelán – Os Aldeáns (1-0).
Semifinais e final (sábado 20 de maio):
- 16:00h: Beres Apligasa - T. Cotelo.
- 17:00h: Bar Paris - T. Capelán.
- 18:50: Final.
Novas relacionadas
- 12-05-17: Juguetón e Mamma Mía xogarán a Final da Copa de FS de Santa Comba.
- 10-05-17: As Copas de FS de Corme e Santa Comba afrontan a recta final.
- Maio 2017: As Liga de FS de Santa Comba e Corme xa teñen os cadros da Copa.
- Abril 2017: Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos, campións en Corme e Santa Comba.
- Marzo 2017: Trans. Cotelo e Vilar de Céltigos superan a Avenida e O Boguiña.
- Febreiro 2017: Cotelo e Avenida escapan en Corme mentres Vilar apreta á TabernaMeuCompadre en Santa Comba.
- Decembro 2016: A Boguiña e Bar Fontana, líderes da Liga de FS de Santa Comba:
- Arrincou con intensidade a XXIX de FS de Santa Comba.
- Novo calendario en Corme, parálise en Corcubión, avanza a de Santa Comba e torneo en Coristanco.
- En marcha en Carballo, arrinca a de Corme, chamada en Santa Comba e parálise en Corcubión.
- 17 equipos prepáranse para o comezo da Liga de FS de Corme mentres outros tantos esperan á de Corcubión.
- Xa está en marcha a Liga de FS de Carballo, en breve estará a de Corme mentres periga a de Cee-Corcubión.
- Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee.