venres. 02.05.2025
El tiempo

Lolo Andrade ofrecerá unha charla sobre a avespa velutina en Vimianzo

Lolo Andrade ofrecerá unha charla sobre a avespa velutina en Vimianzo
Charla sobre avespa velutina en Vimianzo

O vindeiro venres día 15 de setembro a partir das 20:30 h na Casa da Cultura de Vimianzo desenvolverase unha charla informativa acerca da vespa Velutina. O encargado de dar a charla será Lolo Andrade, un dos maiores expertos en Galicia na loita contra este insecto.

Na charla trataranse temas coma os primeiros axilios e o protocolo de actuación no caso de picaduras, actuacións ante niños (a quen e como avisar, precaucións que hai que tomar, etc), tipos e frabricación de trampas e métodos de retirada de niños.

Vimianzo, autoxestión

Semellante ao O pioneiro servizo municipal de control de praga de Carballo, o Concello de Vimianzo é o propio encargado de xestionar a retirada de niños de vespa velutina no municipio, tras chegar a un acordo coa Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galicia.

Os membros de Protección Civil retiraron dende o mes de xaneiro de 2017 perto dun cento de niños, a maioría deles en cabanotes e alpendres.< A parroquia máis a fectada é a de Vimianzo, que acumula máis do 25% dos casos, seguida das de Berdoias e Carnés.

Como avisar dun niño

Aquelas persoas que detecten un niño de vespa velutina poden avisar ao 112, ao 012, á Policía Local ou ao Concello. Unha vez recibido o aviso daráselle conta del á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Vimianzo, que serán os que pasen a retiralo.
O tempo medio de resposta é de menos de 24 horas, é dicir os avisos de niños retíranse no mesmo día ou ao seguinte.

O procedemento para a eliminación consiste na fumigación do niño, a súa posterior retirada e a queima controlada dos restos. En casos concretos déixase unha trampa para evitar que se produzan novos niños.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).

Comentarios