Venres. 17.05.2024
El tiempo

Malpica une o seu Fútbol Base entre os 4 equipos do Concello

Malpica une o seu Fútbol Base entre os 4 equipos do Concello
O Malpica infantil xa esta en marcha O SCD Malpica infantil xa está en marcha

Temporada 2015/2016. En Malpica só había un equipo de base federado, a pesar de ter 4 equipos nas categorías federadas e mais 6 equipos nos Veteranos. Foi o Buño Alevín, que competiu nunha curtísima Liga de F8 cos equipos no Norte. Intentouno o SCD Malpica con xuvenís e cadetes, pero non conseguiu facer voltar a rapaces que levaban tempo noutros equipos da comarca. O mesmo club intentou cos infantís, pero só deron xuntado 11 xogadores polo que non sañíu a competir oficialmente e só o fixo en torneos.

E precisamente, para romper con ese tópico de que o Fútbol en Malpica é o claro reflexo do envellecemento costeiro, a Concellería de Deportes se puxo a traballar.

A idea é a de poñer 4 equipos dun concello en común, algo nada sinxelo se lembramos as rivalidades históricas das nosas vilas. Pero parece que a cousa vai.

O concelleiro Iago Espasandín e a técnica María Bardanca están a coordinar a expansión dos equipos de fútbol base malpicáns. Sempre dende a base e coa idea de compartir os nenos. A proposta é que cada un dos 4 clubs federados (SCD Malpica, Buño SCD, UD Cerqueda, e Sporting Seaia) vaia asumindo diferentes categorías, e que o Concello, vía subvencións, axuden a paliar os custes das fichas, das equipacións, dos árbitros, dos desprazamentos (os infantís si que terán algún partido en autobús), dos monitores…

60 nenos con ilusión por xogar na casa

Este curso xa está competindo o SCD Malpica Infantil (por agora sen demasiada sorte pero todo é ir collendo ritmo de competición).

Ademais, o Buño SCD volverá saír cos Alevíns, competindo na Liga Costa Bergantiñá, e tamén nas Ligas Federadas, que comezarán a mediados de outubro.

A novidade será a da UD Cerqueda, que estrearán equipo de base cos Benxamíns, tamén para saír en Costa Bergantiñá e Federados de F8.

O máis seguro é que tamén saian os Prebenxamíns, desta volta baixo o nome de Escolas Municipais de Malpica, para competir en Costa Bergantiñá, quedando o Sporting Seaia, que vén de estrear directiva, pendente para o furuto.

As EDM Malpica subcampion prebenxamin do Torneo Base do ano pasado O EDM Malpica quedou subcampión en prebenxamín do Torneo Base do ano pasado de Buño

Deste xeito, dende o Concello piden aos pais e nais que estean atentos pois en breve comezará o prazo de inscrición.

Así, a idea do Concelleiro de Deportes Iago Espasandín é que o ano que vén haia equipos en todas as categorías base, e poida haber xa tamén Cadetes e Xuvenís nalgún dos equipos do Concello. Cal? Xa se verá!

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios