Marta Lado e Federico Pérez, nomeados para os #MestreMateo17


Teremos presencia na Gala dos premios Mestre Mateo 2017 que se celebrará o 4 de marzo no Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña. Marta Lado e Federico Pérez están nominados en categorias principais.
A fisterra, tras un ano de voráxine co filme Sicixia, está nominada a Mellor Actriz Protagonista. Pola súa parte, o mazaricán está nomeado, por segundo ano consecutivo, como Mellor Actor Principal polo xa mítico Era Visto. Terá que pelexar con grandes do cine español como Luís Tosar, ou o compañeiro de Marta na peli costeira, Monti Castiñeira.
Está contento o mazaricán porque outros proxectos moi seus como Desafío nos Fogóns, ou o propio Era Visto, tamén están nominados.
Tifaremos tamén co programa “Buscando Ardebullo”, onde os fillos adoptivos Marcos e Xosé Touriñán, tamén optan a Mellor Programa de TV.
Mellor Interpretación Feminina Protagonista - Bárbara Lennie (María y los demás) - María Mera (Dalia A Modista) - María Vázquez (Augasquentes) - Marta Lado (Sicixia) Mellor Interpretación Masculina Protagonista - Federico Pérez (Era Visto) - Luis Tosar (Cen anos de perdón) - Miguel Ángel Blanco (Serramoura) - Monti Castiñeiras (Sicixia) Mellor Interpretación Feminina Reparto: - Beatriz Seren (Pazo de Familia) - Carmen Méndez (Pazo de Familia) - Covadonga Berdinas (Dalia A Modista) - María Vázquez (María y los demás) Mellor Interpretación Masculina Reparto - Alfonso Agra (Serramoura) - Morris (Augasquentes) - Monti Castiñeiras (Serramoura) - Xoan Forneas (Dalia A Modista) Mellor Serie TV - Dalia A modista - Era Visto - Nós - Serramoura Mellor Longametraxe - Cien Anos de perdón - Maria y los demas - Migas de Pan - Mimosas Mellor Comunicador/a de TV - Maria Solar (A Revista FDS) - Roberto Vilar (Land Rober) - Rodrigo Vázquez (O País máis grande do mundo) - Xose Barato (Desafío nos fogóns) Mellor Programa de Televisión - Buscando Ardebullo - Deportes Imposibles - Land Rober Tunai Show - Ziz Zag Diario Mellor Serie Web - Dalle Jas! - A Viaxe - Galicia Crime - Mamá pon la WebcamPodedes ver a listaxe completa de nominados aos #MestreMateo17 na web da Academia Audiovisual Galega.
Novas relacionadas
- Sicixia: “unha historia de amor e desamor?*.
- Quen sae en Sicixia.
- #MestreMateo 2016: O Moncho mazaricán, máximo candidato costeiro aos Mestre Mateo.
- #MestreMateo 2015: Completa presencia costeira nos Premios #MestreMateo15.
- #MestreMateo 2014: 3 premos, un para Miguel de Lira, para a Costa da Morte nuns Mestre Mateo con sabor a Pico.
- #MestreMateo 2013: Pouca, pero escollida, presencia costeira entre os nomeados para os Mestre Mateo 2013.
- #MestreMateo 2011: Os Crebinski triunfan nos Mestre Mateo.