Modesto Fraga, premiado no V Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro

18:50 14/12/16

Segue gañando certames e levando o nome da Costa da Morte, e da súa Fisterra, por todo o país. Modesto Fraga vén de saber que é un dos 3 premiados do V edición do Certame de Poesía Manuel Leiras Pulpeiro, Premio convocado polo Concello de Mondoñedo en colaboración coa Área de Cultura de Deputación Provincial de Lugo.
Se ben a gañadora foi a poeta Miriam Ferrandás Ferradás, natural de Bueu, pola obra “Do Tacto”, o fisterrán levou o segundo premio, dotado de 600€. A súa obra titulada “Regreso a Itaca”
Xosé Antón Fortes Torres, de Sarria, acadou o 3º premio, coa obra “Ofelia sen dó”.
A entrega do premio terá lugar o vindeiro sábado, dia 7 de xaneiro de 2017.
Novas relacionadas
- María Lado e Modesto Fraga demostran o poderío poético da Costa da Morte con novos premios.
- Maria Lado estreo o seu novo poemario na casa.
- Modesto Fraga gaña o senlleiro certame literario de Vilalba co seu novo libro de sonetos.
- Os versos de Miro Villar musicados en clave indie.
- O Batallón Literario da Costa da Morte revive na rede.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).