Venres. 17.05.2024
El tiempo

Muxía acolle un novo curso de Monitor de Fútbol Base

Muxía acolle un novo curso de Monitor de Fútbol Base
Curso de Monitor de Futbol Base en Muxia

A Escola Galega de Adestradores da Federación Galega de Fútbol pon en marcha un novo Curso de Monitor de Fútbol Base, nesta ocasión na localidade de Muxía, contando coa colaboración do Concello e dos clubs locais.

O prazo de inscrición abriuse este esta semana e o curso dará comezo o 11 de abril. Realizarase os luns e xoves, de 20:00 a 23:00 horas, ata o 13 de xuño, e as materias que se imparten son:

- Técnica (10 horas): Individual e colectiva - Táctica (10 horas): Estratexias e Sistemas - Adestramento Deportivo (10 horas) Preparación Física - Regras do xogo (10 horas) - Medicina do Deporte (5 horas) - Psicoloxía (aplicada) (5 horas) - Metodoloxía (aplicada) (5 horas) - Dirección de equipos (5 horas) - Regulamentación deportiva (5 horas) Lei do Deporte Real Decreto de Ensinanzas Regulamento Federativo Cursos de Adestradores Titulacións de Técnicos  


O custe do curso é de 150€. Poden inscribirse a través da Federación ou no 606 816 086.





Fonte

Comentarios