O alumnado do Ceip Eugenio López de Cee convértese en "iutuber"

07:17 03/03/16
Seguro que moitos deles soñan con ser "iutubers" algún día. Así que nada mellor que poñer en marcha os seus soños para coñecer de primeira man a realidade. Os alumnos e alumnas de sexto de primaria do Ceip Eugenio López de Cee comezaron a publicar no canal de Youtube una serie de videos nos que durante un minuto explicar un tema de interese xeral.
"Iutubers dende Cee", así é como se chama o programa dirixido polo profesor Rubén Neira, xa publicou tres vídeos sobre distintas temáticas: as Letras Galegas, o Monte Pindo e Ferroatlántica. O único que non cambia é o título: "A ... explicada nun minuto" nin a música de cabeceira nin do final que corre da man de Sés.
O éxito xa está asegurado, xa que algúns dos vídeos xa pasan das 300 visualizacións.
"As características do Monte Pindo explicadas nun minuto"
"A empresa Ferroatlántica explicada nun minuto"
Novas relacionadas
- O Eugenio López mellora a súa dotación informática para romper a fenda dixital
- O ex director do Eugenio López recibiu a súa segunda homenaxe
- A comunidade do Eugenio López quixo homenaxear ao seu director Manuel Canosa.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- CEIP Eugenio López