![O concelleiro do BNG ceense Serxio Domínguez Louro, acompañado de César Pérez e Carina Conde nunha imaxe de arquivo]()
O concelleiro do BNG ceense Serxio Domínguez Louro, acompañado de César Pérez e Carina Conde nunha imaxe de arquivo
O BNG de Cee acaba de presentar unha solicitude de convocatoria urxente dunha xunta de portavoces, ou da comisión correspondente, co fin de tratar de novo o salario do alcalde,
Ramón Vigo, que según os nacionalistas
"se aprobou de maneira fraudelenta". Os feitos remítense ao pleno do 3 de xullo de 2015 no que se aprobou o soldo do alcalde pesa a ausencia forzosa do concelleiro do BNG con previo aviso.
Precisamente, este sábado, 19 de decembro, está convocada unha comisión que tratará os orzamentos do 2016. Segundo informan os nacionalistas ceense, no borrador aparece no primeiro cadro da táboa de gastos unha cantidade de
42.000 euros correspondentes a "Retribuciones órganos de gobierno".
O BNG solicita que este punto se volva a discutir entre todos os grupos de goberno antes do pleno do mércores, 23 de decembro. Nesta reunión previa analizaríase en profundidade a situación actual, a situación do alcalde fóra do concello, o horario que adica ás tarefas de goberno así como adaptar os seus honorarios á situación socioeconómica do municipio.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- BNG Cee