O Campionato de España serviu para preparar o Mundial nos coutos do Xallas e Anllóns


Acollían esta fin de semana os coutos do río Xallas, en Dumbría, e o de Verdes, no río Anllóns, o Campionato de España de Salmónidos Mosca Xuventude. Unha proba que serve de perfecto exercicio para o Campionato do Mundo, que acollerá por primeira vez Galicia o vindeiro mes de agosto.
A selección Galega conseguía o 1º posto por equipos, e ademais, a nivel individual, o pescador de Lugo Alejandro Perez Trebolle proclamouse Campión de España, logranfdo así a clasificación directa para o Mundial. Os outros galegos nos postos altos da táboa foron Santiago Jacobo Mazas Saavedra (5º), Miguel Corcobado (4º) e Manuel Gómez Fdez. (7º).


Participaron na proba estatal 40 mozos menores de 18 anos, procedentes de nove autonomías distintas, e que se distribúen en tres categorías: individual, seleccións autonómicas, e selectivo de alta competición.
Son estas probas a mostra do auxe da pesca deportiva e recreativa en Galicia, un deporte que permite un mellor coñecemento do noso medio natural e do comportamento dos peixes, ao tempo que actúa como dinamizadora do entorno e do turismo de natureza. En todo caso, cómpre lembrar que a pesca está “moi estendida” en Galicia, como demostran as preto de 50.000 licencias que se expediron en Galicia ao longo deste ano; os 149 coutos que hai na comunidade autónoma; ou os 68 tramos libres habilitados para a modalidade de pesca sen morte.
Preparación para o Campionato do Mundo

O XV World Youth Fly Fishing Championship chegará á Costa da Morte do 8 ao 14 de agosto, no couto do Río Anllóns e no couto de Xallas, “un dos mellores de Europa”.
Novas relacionadas
- “O Xallas é un dos mellores coutos de pesca de Europa”.
- Un Campionato do mundo nos ríos Xallas e Anllóns.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).