O Centro de Día de Corcubión ve a luz


Facía ano e medio que non tiñamos novas do Centro de Día de Corcubión Un proxecto que arrincaba no 2009, pero que dende o 2011, e por falta de financiamento, quedou parado.
Hoxe, o alcalde corcubionés, Francisco Lema “Chisco”, e o presidente da Deputación, Diego Calvo, asinaron dous convenios de colaboración por valor de 22.536.60 euros cos que financiar as obras de construción do centro de día do municipio.
Unha axuda que esperan sirvan para rematalo e poñelo en marcha, pero de todos modos non se sabe nada nin sobre as datas de apertura nin sobre o modelo de xestión que se utilizará. O asilo contará, inicialmente, con 20 prazas.
Tipo de obras
O primeiro dos acordos recolle unha achega por parte da institución provincial de 19.758,20 euros, o que supón o 100% do orzamento necesario para financiar o subministro dunha plataforma elevadora para o acceso adaptado desde a planta baixa á terraza exterior e outra que comunique a cociña da do baixo co comedor do primeiro piso.
Por outra banda, o segundo dos convenios, que conta cunha dotación de 2.778,40, o 100% do orzamento, permitirá a instalación do sistema de detección e alarma de incendios para o edificio.
Novas relacionadas
- 30-01-13: O BNG de Corcubión denuncia un novo retraso nas obras do Centro de Día.
- 04-04-11: A Deputación explica os investimentos en Corcubión.
- 09-03-11: O BNG de Corcubión pide á Deputación financiamento para rematar o Centro de Día.
- 27-01-11: Unha ollada ás obras de Corcubión financiadas pola Deputación.
- 11-10-10: O BNG de Corcubión critica a falta de fondos do Centro de Día.
- 23-11-09: O PP de Corcubión critica a ubicación do Centro de Día.
- 15-01-09: O asilo da discordia.
Fonte
- Deputación