![A empresa Lopez Cao foi a encargada de realizar as obras do centro de saude de buño imaxe de arquivo]()
A empresa López Cao foi a encargada de realizar as obras do centro de saúde de Buño. Imaxe de arquivo
Tras varios meses de espera e varias visitas institucionais, o vindeiro luns día 4 de xullo entrará en funcionamento o novo centro de saúde de Buño que dará asistencia sanitaria aos veciños e veciñas da parroquias de Buño (Santo Estevo), Cambre (San Martiño), Cerqueda (San Cristovo) e Leiloio (Santa María). Estas novas instalacións do Servizo Galego de Saúde substitúen ás actuais dependencias do Consultorio de Buño.
O centro que inicia a súa actividade, está dotado dunha infraestrutura sanitaria moderna, tanto no que se refire á técnica construtiva e materiais empregados, como aos recursos tecnolóxicos dispoñibles para o diagnóstico e o tratamento clínico-asistencial. En total, a Consellería de Sanidade investiu nesta infraestrutura un total
676.549,79 euros e está ubicado nun solar de 2.050 metros cuadrados cedido polo concello de Malpica de Bergantiños e ocupa unha superficie total de 431 metros cuadrado construídos, distribuídos nun só andar. O edificio está situado na rúa Rueiro, 12A de Buño e funcionará en atención ordinaria en horario de 8 a 15 horas de luns a venres.
Áreas
O centro está formado por tres grandes áreas. A primeira delas, a
área clínica, conta con dúas consultas de medicina de familia, unha de enfermería, unha consulta polivalente/ sala de tomas de mostras e outras actividades asistenciais.
A
área de administración conta cunha zona de atención aos usuarios, unha zona de traballo administrativo e o arquivo das historias clínicas. A última destas tres áreas, é a destinada a
servizos xerais e instalacións, formada por aseos e vestiarios, almacén, e zona de infraestruturas de telecomunicacións.
Con motivo do inicio da actividade no Centro porase en funcionamento o servizo de
cita previa e de
tramitación de tarxeta sanitaria, ampliándose deste xeito os servizos que se prestan á poboación, xa que ata o de agora, para calquera trámiteadministrativo, os cidadáns do Consultorio de Buño tiñan que acudir ao centro de saúde de Malpica de Bergantiños.
O número de telefono para a cita previa é 981 95 65 08, e tamén se pode solicitar a través da
páxina web do servizo Galego de Saúde.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Malpica.