![Porto de Fisterra co alumeado normal e unha destas noites]()
Porto de Fisterra co alumeado normal e unha destas noites
"Moitas noites non hai luz debido a supostos problemas de instación", asegura
Xan Carlos Sar Oliveira, tenente de alcalde de Fisterra. Por este motivo, o goberno fisterrán acaba de remitir un inscrito a Portos de Galicia informando da situación e pedindo a reparación do alumeado. Como consecuencia desta incidencia, o concello de Fisterra recibiu unha denuncia por unha caída na zona.
O concello recorda que se trata dunha zona na que se deben garantir servizos elementais para o bo funcionamento das actividades do porto, pero tamén dado o seu marcado carácter urbano, cun alto uso por parte dos veciños e veciñas de Fisterra, e numerosos establecementos comerciais suxeitos ao pago de taxas por dotación de servizos do propio ente portuario.
Segundo indica Sar "
Portos de Galicia é o responsable do mantemento, xestión e correcto funcionamento polo que se lle solicita a urxente reparación de toda a instalación eléctrica e do alumeado do peirado de Fisterra a efectos de subsanar os problemas derivados do mesmo".
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.gal)
- Concello de Fisterra