![Actores de Badius durante a última representación que fixeron en Baio da obra Frankenstein]()
Actores de Badius durante a última representación que fixeron en Baio da obra Frankenstein
Xa vén de atrás a traxectoria do teatro afeccionado no
concello de Zas con grupos tan consolidados como
Badius ou os da súa escola de teatro. Así que co obxectivo de fomentar as artes escénicas, o departamento de Cultura dirixido por
Manuel García Velo, acaba de organizar a
I Mostra do Teatro Afeccionado. Segundo indican dende o propio goberno municipal, ésta pretende ser "unha cita anual á que poidan acudir compañías de teatro amador e, favorecer así as obras feitas en galego".
Na Mostra poderán participan todos os grupos de teatro afeccionado da comunidade galega presentando o número de obras que desexe, das cales só poderá ser seleccionada unha. O prazo límite de inscrición e entrega da documentacion remata o 28 de marzo de 2016.
A selección das obras realizaraa unha comisión formada por Manuel García Velo, concelleiro de Cultura, Ana Lucía Otero, animadora cultura do municipio, Ricardo Vigueret Gil, Alberto Villar López e Pablo Soto Videla, membros do grupo de teatro Badius.
A comisión realizará unha lista de cinco espectáculos que formarán a
I Mostra de Teatro Afeccionado do Concello de Zas e que se exhibirán nos auditorios de Baio e Zas. A exhibición terá lugar os sábados 23 e 30 de abril, e 7, 14 e 21 de maio de 2016. Mentres que a entrega dos premios se realizará o 28 de maio.
Premios
A obra gañadora recibirán un premio de 700€, mentras que a segunda e terceira clasificadas recibirán 500 e 300€, respectivamente. Tamén haberá un premio ao mellor actor e á mellor actriz consistente nun trofeo e nun diploma acreditativo.
Asemade, o concello de Zas abonará 100€ a cada grupo seleccionado en concepto de gastos orixinados pola montaxe dos espectáculos.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- Concello de Zas