O entorno, o cabeza de cartel do Festival V de Valarés


#somosAtlántico, #somosValarés, son as lendas coas que se promociona o Festival V de Valarés que se desenvolverá os días 12, 13 e 14 de agosto e que conta coa colaboración da Deputación da Coruña. Un Festival que chega á 10ª edición, dando un salto xa con produtora contratada, despois de sortear ducias de aventuras e seguir servindo de escaparate mundial da música independiente.
I é que o entorno é o cabeza de cartel, como o indica o propio lema do festival: “Un paraíso atlántico na Costa da Morte!”. O espazo é un dos principais atractivos do festival que ten lugar no marco dun grande pinar, praia e zonas verdes de recreo. Co fin de combinar o respecto á riqueza medioambiental e o goce das persoas que participan do festival, a organización acondicionou unha zona próxima ao antigo porto, punto de saída no seu tempo do wolframio para os nazis.
Así o explicaba onte o deputado Xesús Soto, responsábel de Contratación, Patrimonio e Equipamento, que participu presentación da nova edición do festival por parte de membros da organización que mostraron os distintos servizos habilitado para un evento que, durante catro días, combina música e acampada coa conservación do enclave singular en que se desenvolve.
A organización conta con que arredor de 3.000 persoas, asistan nestes días ao festival nun lugar de apenas 80 casas. Toda unha demostración de potencia.
“V de Valarés chega a súa décima edición como un dos referentes do verán da Costa da Morte. Sen dúbida, está a contribuír á promoción turística e económica da comarca. Valoramos especialmente o maior esforzo, necesario, por preservar a riqueza medioambiental da zona, para o que é necesario ser especialmente coidadoso en citas multitudinarias como esta”, sinalou Xesús Soto.
Unhas bandas de primeira

Así e todo, ademais do entorno, as bandas van ser un tremendo reclamo para atraer xente de todo o país. Conseguir a Kula Shaker, tras 10 anos detrás deles, é un soño para a organización. Só serán o primeiros dos 30 artistas que subirán ao escenario entre a tarde do venres e a madrigada do domingo.
De Camping e en EcoBus

E na liña de coidado co medio ambiente, a organización porá buses dende Ponteceso á praia de Valarés para evitar ter que andar co coche de arriba para abaixo. O Camping limpo tamén é outra aposta.

Deportes
Ademais, no marco do V de Valarés tamén terán cabida outras moitas actividades sempre orientadas a devandita relación coa natureza, como as que levará a Ponteceso a escola de surf de Razo Artsurfcamp. O sábado será a quenda para as clases de paddle yoga (yoga sobre unha táboa de paddle surf) e de slalom longskate, mentres que o domingo a escola carballesa organizará unha ruta de paddle surf e instalará un espazo de tarp surfing.

Máis información
Novas relacionadas
- Valarés 2016: A praia de Valarés ponse de longo para bailar.
- Valarés 2016: A música independiente e a natureza fusiónanse no V de Valarés:
- Valarés 2016: Kula Shaker, por fin a Valarés.
- Valarés 2016: Primeiros nomes de altura para os 10 anos do Festival V de Valarés.
- Valarés 2016: O Festival V de Valarés xa ten a imaxe dunha 10ª edición con maiúsculas.
- Valarés 2015: 2.800 almas desafían o orballo e danzan en Valarés.
- VdeValares 2014: Un gran Festival VdeValarés pon Ponteceso no panorama indie internacional.
- VdeValarés 2013: A música fundiuse ca natureza en Valarés e Fisterra.
- VdeValarés 2012: A chuvia empapou a música.
- VdeValarés 2010: As guitarras tomaron Valarés.
- Entrevista con Adrián Varela: “Non cremos o suficiente na nosa zona.
- Entrevista con Adrián VdeValarés: “Poñemos un lugar de 3 casas no panorama musical nacional”.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).