O faro Vilán acolle unha exposición de pinturas de Gosia Trebacz
12:04 01/07/16
Dende mañá e ata o vindeiro 30 de xullo a sala de exposicións do faro Vilán acolle a mostra de pintura "Mar de dudas" da artista polaca Gosia Trebacz. "A súa obra móvese nun entramado aberto á complicidade, no que distintos ámbitos plásticos comparten o mesmo espazo", aclara Mercedes Rozas, comisaria da exposición.
Gosia Trebacz combina na súa obra formas, materiais e cor dándolle así unha nova dirección aos seus traballos que buscan provocar a comunicación co espectador. A artista polaca utiliza o papel, a inclusión dunha simboloxía escrita e a cor coa que consigue unha pintura de xestos que establece relacións co informalismo. "As texturas son froito dunha acción calculada na que se infiltrou a improvisación e o azar que sempre interveñen fomentando a cratividade", explica Mercedes Rozas.
Novas relacionadas
- A pintura e a escultura regresan ao faro Vilán
- 08-01-2016: 120 anos do Faro Vilán
- Decembro 2015: Os visitantes do Faro Vilán medran nun 20% dende 2013.
- Novembro 2015: O aumento de visitantes refrenda ao Faro Vilán como exemplo de xestión turística.
- Setembro 2015: Coruñeses e madrileños, os que máis visitan o Faro Vilán.
- Outubro 2014: O Faro Vilán representa o aumento de visitantes na Costa da Morte.
- Oficina de Turismo: Pechada por vacacións.
- Ollando unha Galiza en Branco e Negro dende o Faro Vilán.
- Os empresarios de Camariñas reciben axuda para seguir dinamizando o Faro.
- O Cabo Vilán déixase pintar.
- A actividade cultural no Faro Vilán permite aumentar nun 40% o número de visitantes.
- O Vilán, o Faro dos Faros.
- Un ano de actividades no Faro Vilán cos Empresarios de Camariñas.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Asociación de Empresarios e Promoción Turísitca de Camariñas