O Manifesto de Laxe contra os eólicos

09:58 07/08/17

O Manifesto de Laxe
O Manifesto de Laxe promovido por varias asociacións da comarca de Bergantiños recolle a necesidade de:- 1.- Antes da autorización dos citados proxectos, cómpre a REVISIÓN DO PLAN SECTORIAL EÓLICO co fin de que precise máis a delimitación das áreas de aproveitamento eólico, tendo en conta CRITERIOS PAISAXÍSTICOS na planificación das mesmas (non contemplados no plan eólico actual), tal e como indica o documento das Directrices da Paisaxe de Galicia.
- 2.- Antes da autorización dos citados proxectos, é necesario ESGOTAR OUTRAS ALTERNATIVAS máis viables como a REPONTECIACIÓN DOS PARQUES existentes máis antigos), tal e como indica o documento das Directrices da Paisaxe de Galicia.
- 3.- Antes da autorización dos citados proxectos, é necesario respetar a vontade da cidadanía afectada polos proxectos indicados e que decide neste caso, pola prevalencia do DEREITO Á PAISAXE E Á CALIDADE PAISAXÍSTICA DAS SÚAS COSTAS e pola preservación dunha paisaxe, que constitúe a fonte dunha economía baseada no TURISMO SUSTENTABLE. Por outra banda, os parques eólicos galegos acaban anualmente coa vida de ata dous millóns de aves e morcegos anuais.
Charla en Borneiro

Outras das entidades que están movendo fichas para informar á poboación sobre o proxecto do parque eólico Mouriños son Unions Agrarias e Ventonoso, que o pasado sábado daban unha charla informativa, ateigada de veciños, en Borneiro.
Novas relacionadas
- Xullo 2017: A Xunta acelera dous parques eólicos en Laxe e Cabana pese a forte oposición.
- Xullo 2017: O novo proxecto eólico Mouriños ameaza o esteiro do Anllóns e unha ave protexida.
- Decembro 2016: O Concello de Laxe e as asociacións ratifican o seu rexeitamento aos eólicos.
- Decembro 2016: Un Castelo medieval contra a invasión dos viraventos.
- Febreiro 2016: O Catálogo da Paisaxe abre o prazo de alegacións e alonxa aos eólicos de Laxe.
- Xaneiro 2016: Concello e Asociacións piden manter Laxe como o único Concello da Costa da Morte libre de eólicos.
Outras novas eólicas
- Dous aeroxeneradores sustitúen aos 22 muíños do parque eólico de cabo Vilán.
- Santa Comba, berce do primeiro viravento comercial.
- Decembro 2014: Dous novos parques eólicos ameazan os montes de Bergantiños e Soneira.
- Agosto 2012: Rotunda oposición ao parque eólico Outes-Mazaricos.
- Agosto 2012: 23 eólicos ocuparán a fachada marítima de Touriñán.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).