O porto de Fisterra terá un novo dique de abrigo de 96 metros


96 metros medirá o novo dique de abrigo flotante do porto de Fisterra. Unha instalación que protexería do mar de fondo de modo que permita tamén a ordenación da dársena.
Asó o anuncia Portos de Galicia, que tras unha reunión co concello e o Patrón Maior da confraría iniciará nos vindeiros días a contratación. Unha necesidade prantexada pola confraría de aumentar e mellorar as condicións de abrigo do peirao.
Segundo os informes técnicos, fronte ao problema do mar de vento, as alternativas de diques fixos de escolleira poderían empeorar a situación actual, polo que se plantexa como solución a instalación dun dique flotante, que suporía a actuación medioambiental con menores efectos sobre o entorno e garantiza efectividade, como se está a demostrar noutros puntos de Galicia onde xa están instalados.
Un novo surtidor
Outra das típicas esixencias do sector é un surtidor de combustible. E Portos anunciou a próxima instalación dun surtidor de combustible bonificado por parte da empresa Repsol no porto de Fisterra. O que non sabemos moi ben é cando, pois Portos só indica que “quedará instalado neste ano”.
Novas relacionadas
- O BNG escoitou ás confrarías da Costa da Morte.
- A flota artesanal eleva as queixas polos cobros abusivos de portos de Galicia na tarifa X4.
- Sardiñeiro. Un porto sen barcos.
- Os mapas de naufraxios de Pepe de Oleghario. Uns verdadeiros tesouros.
Fonte
- Portos de Galicia.